Diferenzas entre revisións de «Banco Mundial»

m
Arranxos varios
(*interese (economía) > xuro(s).)
m (Arranxos varios)
 
=== 1944-1969 ===
Antes de 1969, a reconstrución e os préstamos ao desenvolvemento proporcionados polo Banco Mundial eran relativamente pequenos. O persoal do Banco era consciente da necesidade de xerar confianza no banco. Gobernaba un conservadurismo fiscal, e as peticións de préstamos seguían criterios estritos.<ref name="Goldman 2005 5693">{{cita libro|título= Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization|autor= Goldman, Michael|ano= 2005|editorial= Yale University Press|lugar= New Haven, CT|isbn = 978-0-30-011974-9}}</ref>{{Rp|56-60}}
 
O primeiro país en recibir un préstamo do Banco Mundial foi Francia. O presidente do Banco da época, John McCloy, escolleu Francia por riba dos outros solicitantes: Polonia e Chile. O préstamo era de 250 millóns de dólares, a metade da cantidade pedida, e estaba acompañado de condicións moi estritas. Francia aceptou para conseguir un orzamento equilibrado e tivo que priorizar o reembolso desta débeda diante dos outros gobernos. O Banco Mundial controlou de preto o uso dos fondos para asegurar que o goberno francés cumpría as condicións. Ademais, antes de aprobar o préstamo, o departamento de estado dos [[Departamento de Estado dos Estados Unidos|Estados Unidos]] esixiu ao goberno francés que terían que ser apartados aqueles membros asociados ao Partido Comunista. O goberno francés cumpriu a esixencia e sacou o [[Partido Comunista Francés|partido comunista]] do [[goberno de coalición]]. O préstamo a Francia foi aprobado en cuestión de horas.<ref name="Bird 1992">{{cita libro|título= The Chairman: John J. McCloy, the Making of the American Establishment|autor= Bird, Kai|ano= 1992|editorial= Simon & Schuster|lugar= Nova York, NY|isbn = 978-0-67-145415-9}}</ref>{{Rp|288, 290-291}}
De 1968 a 1980, o banco concentrouse en satisfacer as necesidades básicas das persoas no mundo en desenvolvemento. A media e o número de préstamos a prestatarios incrementouse en gran medida como préstamos orientados a ampliar as infraestruturas dos servizos sociais e outros sectores.<ref name="World Bank Historical Chronology 1970-1979">{{cita web|título= World Bank Historical Chronology: 1970-1979|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = http://go.worldbank.org/847R4CBE80|dataacceso= 31 maio 2012}}</ref>
 
Estes cambios hai que atribuílos a [[Robert McNamara]], quen foi designado como presidente en 1968 por [[Lyndon Baines Johnson|Lyndon B. Johnson.]]<ref name="Goldman 2005 6093">{{cita libro|título= Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization|autor= Goldman, Michael|ano= 2005|editorial= Yale University Press|lugar= New Haven, CT|isbn = 978-0-30-011974-9}}</ref>{{Rp|60-63}} McNamara pediu ao tesoureiro do banco, Eugene Rotberg, buscar novas fontes de capital máis aló dos bancos norteños que foran as fontes primarias habituais. Rotberg utilizou o mercado de bonos global para aumentar o capital dispoñible do banco.<ref name="Rotberg 1994">{{cita publicación periódica|título= Financial Operations of the World Bank|autor= Rotberg, Eugene|publicación= Bretton Woods: looking to the future: commission report, staff review, background papers|ano= 1994|editor= Bretton Woods Commission|lugar= Washington, D.C.|url = http://external.worldbankimflib.org/uhtbin/cgisirsi/x/0/0/5/?searchdata1=219610%7Bckey%7D#_}}</ref> Unha consecuencia deste período de atenuación da pobreza foi un aumento rápido da [[débeda do terceiro mundo]]. De 1976 a 1980 a débeda mundial do mundo en desenvolvemento aumentou a un índice anual medio do 20%.<ref name="Mosley et. al. 1995">{{cita libro|título= Aid and Power: The World Bank and Policy Based Lending, 2nd Edition|autor= Mosley, Paul|autor2= Harrigan, Jane|autor3= Toye, John|ano= 1995|volume= 1|editorial= Routledge|lugar= Abington, UK|isbn = 978-0-415-13209-1}}</ref><ref name="Toussaint 1999">{{cita libro|título= Your Money or Your Life!: The Tyranny of Global Finance|autor= Toussaint, Eric|ano= 1999|editorial= Pluto Press|lugar= Londres, UK|isbn = 978-0-74-531412-9}}</ref>
 
En 1980, o Tribunal administrativo do Banco Mundial creouse para decidir nas disputas entre o Grupo Banco Mundial e o seu persoal nas alegacións de incumprimento de contratos de ocupación ou dos termos dos acordos.<ref name="World Bank Admin Tribunal 2012">{{cita web|título= World Bank Administrative Tribunal|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = http://lnweb90.worldbank.org/crn/wbt/wbtwebsite.nsf/%28resultsweb%29/about?opendocument|dataacceso= 14 agosto 2011}}</ref>
 
=== 1989-presente ===
A comezos de 1989, en resposta á dura crítica de moitos grupos, o banco empezou a incluír grupos ambientais e [[ONG]]s nos seus préstamos para mitigar os anteriores efectos das súas políticas de desenvolvemento.<ref name="Goldman 2005 93">{{cita libro|título= Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization|autor= Goldman, Michael|ano= 2005|editorial= Yale University Press|lugar= New Haven, CT|isbn = 978-0-30-011974-9}}</ref>{{Rp|93-97}} Tamén creou unha axencia para desenvolver, de acordo co [[Protocolo de Montreal]], as medidas de protección da [[capa de ozono]] e da [[atmosfera terrestre]] reducindo nun 95% o uso de sustancias químicas que esgotan o ozono, co 2015 como data obxectivo. Desde entón, de acordo cos seus coñecidos como "Seis Temas Estratéxicos", o banco aplicou varias políticas adicionais para conservar a contorna á vez que se promove o desenvolvemento. Por exemplo, en 1991, o banco anunciou que para protexer contra a [[deforestación]], especialmente da [[Amazonia]], non financiaría ningún desenvolvemento comercial ou proxecto de infraestrutura que botara a perder o [[medio ambiente]].
 
Para promover bens públicos globais, o Banco Mundial tenta controlar as enfermidades contaxiosas como a [[malaria]], repartindo [[vacina]]s en varias partes do planeta e unindo forzas para combatelas. En 2000, o banco anunciou unha "guerra á [[SIDA]]", e o 2011, o Banco uniuse á Sociedade para Parar a Tuberculose.<ref name="World Bank Results 2012">{{cita web|título= Results|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = https://www.worldbank.org/results/|dataacceso= 31 maio 2012}}</ref>
393.002

edicións