Diferenzas entre revisións de «Wilhelm Meyer-Lübke»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Traxectoria ==
Discípulo do pai da romanística científica, [[Friedrich Christian Diez|Friedrich Diez]]. Foi profesor das universidades de [[Jena]], [[Viena]] e [[Bonn]]. Seguiu a teoría de [[Gustav Gröber]], adaptando o [[método comparatista]] da investigación das [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]] ás linguas románicas, no estudo das cales introduciu principios de sistematización.
 
== Criticismo sobre a actuación do substrato ==
 
=== A clasificación do catalán ===
Seguindo ao seu mestre [[Friedrich Diez]], en 1890 asignou á lingua catalá o status de [[dialecto]] do occitano (denominado daquela ''provenzal'') na súa obra ''Grammatik der romanischen Sprachen'' (''Gramática das Linguas Románicas''), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente co catalán no Rosellón: Esta última variedade (''parlen''), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p.  14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "lingua catalá", mais afirmando as concordancias co occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha lingua independente.
 
No seu estudo monográfico sobre do catalán (''Das Katalanische'') (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma co castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha lingua do grupo [[Galorromania|galorrománico]]. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a [[subagrupación románica do catalán]], xusto logo do seu recoñecemento como lingua independente, e sobre todo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke coa edición de ''Orígenes del español'' de [[Ramón Menéndez Pidal]] (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como lingua [[Iberorrománia|iberorrománica]].
* ''Die Aussprache des Altprovenzalischen U'' (''A pronunciación do U en antigo provenzal''), in Mélanges Wilmotte (París, 1909).
* ''Romanisches etymologisches Wörterbuch'' (''Dicionario etimolóxico das linguas románicas'') (1911-1920), en trece entregas.
* "Gedanken über die Anlage des von Mn. A. M. Alcover unternommenen Diccionari català-valencià-balear", ''Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana'' XIII (juliol-agost 1923), p. 72-94.
* ''Das Katalanische. Seine Stellung zum Spanischen und Provenzalischen, sprachwissenchftlich und historisch dargestellt'' (''O catalán. A súa situación perante o español e o provenzal'') (Heidelberg, 1925).
 
* Guillem Calaforra i Castellano, ''Wilhelm Meyer-Lübke i Das Katalanische: introducció i traducció''. Barcelona, Institut d’Estudis Catalans. ISBN 84-7283-403-4
 
{{ORDENAR:Meyer Lubke, Wilhelm}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Meyer Lubke, Wilhelm}}
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]
[[Categoría:Nados no cantón de Zúric]]
393.002

edicións