Oriente Medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: texto trducidodesde a wiki .ca:Orient_Mitjà#Història
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 112:
Situada na unión de Eurasia e África, entre o mar Mediterráneo e o océano Índico, esta zona é centro de asuntos de importancia mundial nos ámbitos estratéxico, económico, político, cultural e relixioso. Coñecemos a historia desta rexión sobre todo polos escritos do [[Antigo Testamento]] e dos historiadores gregos, e polas escavacións [[arqueoloxía]] que se levan facaendo desde o [[século XIX]]. A zona está poboada desde o 8000 a.C., como proban os restos arqueolóxicos de [[Xericó]].
 
Ao longo da historia, os países desta parte do mundo a miúdo experimentaron os mesmos cambios. Por exemplo, as conquistas do [[imperio persa]], de [[Alexandre o Grande]] e do [[islam]]. Posteriormente formou parte do imperio otomán e das colonias británicas. Foi o centro espiritual da [[igrexa ortodoxa]], do [[islam]], do [[xudaísmo]], [[xadidismo]], [[mitraísmo]], [[zoroastrismo]], [[ maniqueísmo]] e a [[fe bahá'í]].
 
A historia moderna de Oriente Medio comezou despois da [[primeira guerra mundial]], cando o [[imperio otomán]], que se aliou cos vencidos (as potencias centrais), foi dividido en moitas nacións independentes. Outros acontecementos decisivos nesta transformación foron o establecemento do estado de [[Israel]] o ano [[1948]] e o declive das potencias europeas como o [[Reino Unido]] e [[Francia]], que foron parcialmente suplantadas en influencia pola nación máis poderosa do momento, os [[Estados Unidos de América]].
 
No [[século XX]], a considerable reserva de petróleo na rexión conferiulle a zona unha nova importancia estratéxica e económica. A extracción masiva de petróleo comezou ao redor de 1945, en [[Arabia Saudita]], [[Irán]], [[Kuwait]], [[Iraq]], e nos [[Emiratos Árabes Unidos]] . <ref> {{Cita libro|título = A Concise History of the Middle East | autor = Goldschmidt Jr., Arthur | editorial = Westview Press|ano = 1999 | páxinas = 8}} </ref> As reservas estratéxicas de [[petróleo]], especialmente en Arabia Saudita e Irán, son das máis grandes do mundo e a [[ OPEP]] está dominada polos países do Oriente Medio.
 
Durante a [[Guerra fría]], Oriente Medio foi escenario da loita ideolóxica entre as dúas superpotencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, que competían por influencia e aliados. Desde o final da [[segunda guerra mundial]], a rexión tivo períodos de relativa paz e tolerancia, interrompidos con conflitos e guerras como forón a [[guerra do Golfo]], a [[guerra de Iraq]], o [[conflito árabe-israelí]] e programa nuclear de Irán.