Fritz Strassmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Reactor nuclear
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 2:
'''Fritz Strassmann''' (Boppard, [[22 de febreiro]] de [[1902]] - Maguncia, [[22 de abril]] de [[1980]]) foi un químico analítico [[Alemaña|alemán]].
==Traxectoria==
Formouse na Escola Técnica Superior da cidade de [[Hannover]] e foi investigador do Instituto Kaiser Wilhelm entre os anos [[1929]] e [[1945]]. Negouse a unirse ao Partido Nazi ou a calquera organización afín, e pasou a colaborar con [[Otto Hahn]], con quen descubriu en [[1938]] que cando se bombardeaba con [[neutrón]]s o núcleo dun [[átomo]] este fragmentábase en dous átomos máis pequenos. Este fenómeno, coñecido coma [[fisión nuclear]], foi a base das primeiras [[bomba atómica|bombas atómicas]] así coma dos [[Reactor nuclear|reactores nucleares]].
 
Levou a cabo tamén diversos estudos referidos ao grupo de [[elemento químico|elementos químicos]] coñecidos como transuránidos. En [[1946]] foi nomeado profesor de [[química inorgánica]] da Universidade de Maguncia e en [[1953]] director do departamento de química do [[Instituto Max Planck]].