Manuel Lago González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 48:
 
== Traxectoria ==
Fixo o [[bacharelato]] e seguiu a carreira eclesiástica no [[seminario diocesano de Tui]]. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de [[biblia|Sagrada Escritura]], de [[Teoloxía]], de [[lingua grega|grego]] e [[lingua hebrea|hebreo]]. Contribuíu a crear o diario ''[[La Integridad]]'' (1988), redactando as sección fixas "A la médula" e "Ripios".<ref name="VILAVEDRA">{{Cita libro |apelidos-editor=Vilavedra |nome-editor=D. |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=1995 |título=Diccionario da Literatura Galega |volume=I |páxinas=316-317 |editorial=[[Editorial Galaxia|Galaxia]] |ISBN=84-8288-019-5}}</ref> Formou parte da [[Asociación Regionalista Gallega]] de [[Manuel Murguía]].<ref name="ASPG">[http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/lago-gonzalez-manuel.html Enciclopedia Historia da Literatura] [[Asociación Socio-Pedagóxica Galega|AS-PG]].</ref> Participou nos segundos [[xogos florais#tui|xogos florais]] de Galicia ([[1891]]) co discurso "Gabanza da lingua galega".
 
Gañou por oposición unha [[cóengo|coenxía]] na [[catedral de Lugo]]. Posteriormente accedeu á [[bispo|dignidade episcopal]], sendo bispo de [[Diocese católica latina de Osma-Soria|Burgo de Osma]] (1909-1917), da [[Diocese católica latina de Tui-Vigo|diocese de Tui]] (1917-1923) e finalmente [[Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago de Compostela]] (1924-1925), tras 129 anos de predecesores foráneos.<ref name="ASPG"/>