Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Traxectoria: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 26:
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
 
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|thumbminiatura|Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.]]
Nos anos [[1950]] e [[1951|51]], xa moi minguados os destacamentos [[guerrilleiro]]s, trasládase á zona de [[Betanzos]], en compañía de [[Manuel Vilar Arnoso]], ''Manolito'', que lle servía de único enlace. O [[9 de marzo]] de [[1952]] é detido no lugar de Costa, en [[Oza dos Ríos]], resultando mortos ''Manolito'' e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.