Proceso de El Escorial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 6:
 
== Contexto histórico ==
A comezos do [[século XIX]], España encontrábase acantoada pola [[Revolución francesa|Francia revolucionaria]], que comenzaba, no [[Consulado (Francia)|Consulado]], a súa ambiciosa expansión.
 
Nun ambiente caldeado e cambiante de relacións diplomáticas, o rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] nomeou en [[1801]], por segunda vez, a [[Manuel Godoy]] como primeiro secretario de Despacho, cargo no que substituíu a [[Pedro Cevallos Guerra|Pedro Cevallos]], primo irmán seu.
 
[[Napoleón Bonaparte]], [[Consulado (Francia)|primeiro cónsul de Francia]], ameazaba constantemente a España cunha guerra de persistir nas políticas levadas a cabo por Godoy, presuntamente pro-inglés.
 
Así, en [[1805]], España deu un xiro á súa política asinando un tratado de axuda mutua con Napoleón, o que acababa de autoproclamarse [[Primeiro Imperio francés|emperador de Francia]].
 
== Guerra e derrota ==
Este tratado levou pronto a España e Francia a implicarse na guerra da [[Terceira Coalición]] contra [[Inglaterra]] e [[Portugal]], que culminou coa vitoria naval inglesa na [[batalla de Trafalgar]].
 
Esta derrota fixo que Godoy gañase moitos inimigos na [[Palacio|Corte]]. Entre eles o propio fillo do rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] [[Fernando VII de España|Fernando]], o [[príncipe de Asturias]]. Godoy éralle abertamente hostil, e non desexaba o seu ascenso prematuro ao trono (que sabía que Fernando ambicionaba), e isto fixo que fose o príncipe quen encabezase unha conspiración para expulsalo do poder, un delito considerado como de lesa Maxestade. Esta levouse a cabo en [[1807]], pero foi rapidamente descuberta e deu lugar ao '''proceso de El Escorial'''.
 
== Proceso ==
Fernando, consciente de que actuara en contra da autoridade do seu pai, para conseguir o seu perdón delatou os seus cómplices. No proceso todos os conspiradores foron declarados inocentes.
 
O indulto e as absolucións de 1807 foron concedidos porque había un significativo apoio público para os conspiradores contra Godoy, como se demostrou, uns poucos meses máis tarde, no [[motín de Aranjuez]] ([[17 de marzo|17]] a [[19 de marzo]] de [[1808]]), no que foi atacado o Palacio de Godoy, deposto o rei e proclamado [[Fernando VII]] polo Consello Real.