Reino de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5)
Liña 126:
 
=== Reinado de Oswald ===
[[Ficheiro:Oswald_of_Northumbria.jpg|thumbminiatura|Vidreira do rei Oswaldo de Northumbria na catedral de San Oswaldo en Gloucester.]]
Ao morrer Edwin, Northumbria dividiuse outra vez entre Bernicia, onde [[Eanfrith de Bernicia|Eanfrith]], un fillo de Ætelfrith, se fixo co poder, e Deira, onde gobernaba un primo de Edwin, Osric. [[Cumbria]] tendeu a permanecer unha terra fronteiriza cos [[Bretóns|britanos.]] Os dous monarcas reconvertéronse ao [[Pagán|paganismo]] e ambos morreron en combate un ano despois, mentres [[Cadwallon ap Cadfan|Cadwallon]] seguía a súa devastadora invasión de Northumbria. Despois da morte de Eanfrith, o seu irmán, [[Oswald de Northumbria|Oswald]], apoiado por guerreiros enviados por [[Domnall II de Dalriada|Domnall Brecc]] de [[Dalriada]], derrotou e deu morte a Cadwallon na [[Batalla de Heavenfield]] en [[634]].
 
Liña 136:
 
=== Relixión ===
[[Ficheiro:Perelachaise-croixCeltique-p1000394.jpg|right|thumbminiatura|Cruz celta.]]
[[Ficheiro:LindisfarneFol27rIncipitMatt.jpg|thumbminiatura|Unha das páxinas dos Evanxeos de Lindisfarne]]
No ano [[664]] un gran sínodo tivo lugar en Whitby para discutir a controversia da data das festas de [[Pascua cristiá|Pascua.]] Moitos conflitos manifestáronse entre as prácticas da [[Cristianismo celta|Igrexa Celta]] en Northumbria e as crenzas da Igrexa católica. Finalmente, Northumbria foi persuadida de retomar as crenzas da fe [[Igrexa Católica|católica]], e o bispo celta, [[Colman de Lindisfarne]], volveu a Iona.
[[Ficheiro:KellsFol292rIncipJohn.jpg|thumbminiatura|''Libro de Kells'', Folio 292r, introdución ao [[Evanxeo de Xoán]] (''«In principio erat verbum»'').]]
O reino foi afamado como centro relixioso e artístico. Inicialmente Northumbria foi cristianizada por monxes da Igrexa Celta, e isto levou ao florecimiento da vida monástica, cun estilo de arte relixiosa único que combinaba estilos [[anglosaxóns]] e [[Celta|celtas.]] Despois do [[Sínodo de Whitby]] en [[664]] a Igrexa Celta e a Romana uníronse. Con todo, o estilo único de arte relixiosa foi preservado e promovido, cuxo exemplo máis famoso son os [[Evanxeos de Lindisfarne]].
 
Liña 148:
 
=== Invasión normanda e partición do reino ===
[[Ficheiro:ShepardMap802Northumbria.png|right|thumbminiatura|Parte dun mapa, por William Shepherd, das Illas Británicas c. 802, onde se mostra o reino de Northumbria.]]
[[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]] converteuse en rei de Inglaterra en [[1066]]. Pronto se deu conta de que era necesario controlar Northumbria, que permanecera virtualmente independente dos reis de Inglaterra, para protexer o seu reino da invasión escocesa. Para recoñecer a remota independencia de Northumbria e asegurarse que Inglaterra estivese adecuadamente defendida dos escoceses, Guillerme gañou a alianza do Bispo de [[Durham, Inglaterra|Durham]] e do duque, confirmando os seus poderes e privilexios. Con todo, isto causou rebelións antinormandas. Por tanto Guillerme tentou instalar a [[Robert Comine]], un nobre [[Normandos|normando]], como '''Duque de Northumbria''', pero antes de que Comine puidese ocupar o cargo, el e 700 dos seus homes foron masacrados na cidade de [[Durham, Inglaterra|Durham.]] En vinganza, Guillerme guiou ao seu exército contra Northumbria nunha sanguenta campaña, un evento que se coñece como o ''Masacre do Norte.'' Ethelwin, o bispo anglosaxón de Durham, tentou escapar de Northumbria no momento da matanza con tesouros de Northumbria, pero foi capturado e encarcerado, morrendo no cárcere; a súa sede quedou vacante.
 
Liña 296:
* [[Heptarquía anglosaxoa|Heptarquía]]
* [[Jórvik]]
{{reis de Northumbria}}<br><br>
 
{{Heptarquía anglosaxoa}}<br><br>
 
{{Control de autoridades}}