007: A espía que me amou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎top: Arranxos varios
Liña 28:
[[Barbara Bach]] e [[Curt Jürgens]] coprotagonizan o filme ó seu carón. Foi dirixido por [[Lewis Gilbert]] e o guión foi escrito por Christopher Wood e [[Richard Maibaum]].
 
O filme toma o seu nome da novela de [[Ian Fleming]] ''[[The Spy Who Loved Me (novela)|The Spy Who Loved Me]]'', o décimo libro das novelas e historias de James Bond, malia que moitos elementos do argumento da novela non aparecen no filme. A historia xira arredor da personaxe de Karl Stromberg, que quere destruír o mundo e crear unha nova civilización baixo o mar. Bond únese á axente rusa [[Anya Amasova]] para deter a Stromberg.
 
Foi rodado en [[Exipto]] ([[O Cairo]] e [[Luxor]]) e [[Italia]] ([[Costa Smeralda]], [[Sardeña]]), e as escenas submarinas foron rodadas nas [[Bahamas]] ([[Nassau, Bahamas|Nassau]]), e un novo plató construído nos [[Pinewood Studios]] foi construído para representar o interior do supertanque acuático. ''A espía que me amou'' foi ben recibida pola crítica. A banda sonora composta por [[Marvin Hamlisch]] tamén tivo un enorme éxito. O filme foi nomeado a tres [[Premios Oscar]] e foi reconvertido en novela en 1977 por Christopher Wood co título ''[[James Bond, The Spy Who Loved Me]]''.