Branca II de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios
Liña 25:
[[Ficheiro:La reina Blanca II de Navarra (Museo del Prado).jpg|miniatura|300px|''La reina Blanca II de Navarra''<br>Cadro de [[José Moreno Carbonero]] (1860–1942)<br><center>[[Museo del Prado]]<br>(Depositado na [[Universidade de Santiago de Compostela]])</center>.]]
 
'''Branca de Trastámara e de Évreux''', nada en [[Olite]], [[Reino de Navarra]], o [[9 de xuño]] de [[1424]] e finada en [[Orthez]], [[Bearne]], [[Aquitania]], [[Francia]] o [[2 de decembro]] de [[1464]], foi [[infanta]] de [[Coroa de Aragón|Aragón]] e de [[Reino de Navarra|Navarra]], infanta de [[Reino de Castela|Castela]] polo seu matrimonio co infante [[Henrique IV de Castela|Henrique de Castela]] e, finalmente, [[monarca|raíña titular de Navarra]] como '''''Branca II''''' ([[1461]]-[[1464]]).
 
Foi o terceiro descendente e segunda filla da entón [[infanta]] herdeira [[Branca I de Navarra|Branca de Navarra]] e do seu segundo esposo, o [[infante]] [[Xoán II de Aragón|Xoán de Aragón]], duque de [[Peñafiel]].
Liña 32:
 
== Traxectoria ==
Branca era a filla terceira do [[infante]] de [[Coroa de Castela|Castela e León]] e de [[Coroa de Aragón|Aragón]], duque de Peñafiel e futuro [[rei de Navarra]], da [[Coroa de Aragón|coroa de Aragón]] e de [[Reino de Sicilia|Sicilia]], [[Xoán II de Aragón|Xoán II]], e da súa primeira esposa, a [[Reino de Sicilia|ex raíña consorte de Sicilia]] e futura [[Reino de Navarra|raíña de Navarra]], [[Branca I de Navarra|Branca]].<ref name=ARAGON>[http://fmg.ac/Projects/MedLands/ARAGON%20&%20CATALONIA.htm#FernandoIdied1416B#ES Reis de Aragón] en ''Medieval Lands'' {{en}}.</ref> <ref name=Ivrea>[http://genealogy.euweb.cz/ivrea/ivrea8.html#Ju1#ES Casa de Ivrea - xenealoxía] {{en}}.</ref> <ref name=PEDIGREE>[http://fabpedigree.com/s080/f020685.htm#ES Xoán II de Aragón] en PEDIGREE {{en}}.</ref> <ref name=Giovanni> [http://www.mittelalter-genealogie.de/mittelalter/koenige/aragon/johann_2_koenig_von_aragon_1479.html#ES Xoán II de Aragón] xenealoxía, en mittelalter {{de}}.</ref> <ref name=BiancaI>[http://www.mittelalter-genealogie.de/mittelalter/koenige/navarra/blanka_von_evreux_koenigin_1441.html#ES Branca I de Navarra] xenealoxía, en mittelalter {{de}}.</ref>
 
A súa irmá maior, Xoana, morreu o [[22 de agosto]] de [[1425]], e o seu avó, o rei [[Carlos III de Navarra]], ''o Nobre'', uns días máis tarde, o [[8 de setembro]], o que converte á súa nai en raíña Branca I de Navarra, e ao seu pai en rei Xoán II.
Liña 38:
O [[22 de novembro]] de [[1436]], asínase en [[Toledo]] a paz entre [[Reino de Navarra|Navarra]] e [[Coroa de Castela|Castela]], tras cumprirse seis anos do establecemento das [[Treguas de Majano]]. Como consecuencia da mesma acórdase o matrimonio da infanta Branca, que tiña 12 anos, con [[Henrique IV de Castela|Henrique]], príncipe herdeiro de Castela, que tiñaa 11 anos, recuperando Navarra deste modo as vilas e castelos perdidos durante a guerra.<ref name="BlancaNavarra">Ramírez Vaquero, Eloísa (1999): [http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=16174 "La reina Blanca y Navarra"] en ''Príncipe de Viana'', ano nº 60, Nº 217, páxs. 323-340.</ref>
 
A raíña Branca I acompañou á súa filla a Castela para o seu matrimonio formal con Henrique de Castela, que tivo lugar na [[catedral]] de [[Valladolid]] o 15<ref name=ARAGON/> ou o [[16 de setembro]] de [[1440]],<ref name=Ivrea/> cando Branca tiña 16 anos e o príncipe cumprira os 15.
 
Unha vez en Castela, a soberana de Navarra aproveitou para realizar unha peregrinación ao [[Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe|santuario de Guadalupe]], en [[Extremadura]], pero tamén usou esta oportunidade para mediar nas constantes disputas do seu marido cos nobres casteláns; o que a leva a un constante movemento no reino casteláno, onde acabaría falecendo en [[Santa María la Real de Nieva]] ([[Provincia de Segovia|Segovia]]) o [[1 de abril]] de [[1441]]. Foi sepultada na igrexa do Mosteiro desa localidade, en contra do desexo expresado no seu testamento de ser enterrada en [[Ujué]] ([[Reino de Navarra|Navarra]]).<ref name="BlancaNavarra" /> <ref>{{cita web|autor=Biografías y Vidas|título=Blanca I de Navarra|url=http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/blanca_i.htm|dataacceso=5 de outubro de 2017}}</ref>
 
En [[1451]], dez anos despois da morte da raíña Branca I, comezou a [[Guerra civil de Navarra]], cando a coroa do reino foi usurpada polo seu segundo esposo, o rei [[Xoán II de Aragón]], pai de Branca e [[rei de Navarra]] ''jure uxoris'' (por matrimonio), quen se negou a cederlla ao seu lexítimo herdeiro, o seu fillo [[Carlos de Viana|Carlos]], [[príncipe de Viana]] e de [[Príncipe de Xirona|Xirona]].<ref>Lacarra, José María (1975): ''Historia del Reino de Navarra en la Edad Media''. Pamplona: Caja de Ahorros de Navarra. ISBN 84-500-7465-7.</ref> Durante esta guerra, que rematou en [[1455]], Branca vive en Castela un infeliz matrimonio, que será finalmente anulado por non consumación,<ref>"Testimonio de la sentencia de divorcio entre el príncipe D. Enrique y la infanta doña Blanca", incluido na [http://www.archive.org/details/coleccindedocu40madruoft ''Colección de documentos inéditos para la historia de España'', vol. XL], páxs. 444–450.</ref> o [[2 de maio]] de [[1453]], aducindo o príncipe Henrique que unha "''impotencia recíproca debida a influencias malignas''" lle impediu intimar coa súa esposa.<ref name="Blanca II">[https://web.archive.org/web/20150119142118/http://www.euskomedia.org/aunamendi/22028 Blanca II] na ''[[Auñamendi Eusko Entziklopedia]]'' {{es}}.</ref>
Liña 103:
|31= 31. [[Branca Núñez de Lara]]
}}</center>
 
 
{{sucesión
Liña 138 ⟶ 137:
* [https://www.enciclopedia.cat/EC-GEC-0010359.xml Blanca II de Navarra] na ''Gran enciclopèdia catalana'' {{ca}}.
* [http://genealogics.org/getperson.php?personID=I00027206&tree=LEO Infanta Doña Blanca of Navarre and Aragón, Princess of Viana], en ''Genealogics'' {{en}}.
 
{{ORDENAR:Branca II de Navarra}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Branca II de Navarra}}
[[Categoría:Infantes de Aragón]]
[[Categoría:Princesas consortes de Asturias]]