Bearne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 28:
|data_evento3 = 1620-1790
}}
[[Ficheiro:Bearn-Pirineos_Atlánticos.svg|miniatura|280px|thumbminiatura|Situación do Bearne no departamento de [[Pireneos Atlánticos]].]]
[[Ficheiro:Mapa Bearn.png|miniatura|280px|Situación do Bearne (en amarelo).<br>A liña vermella sinala a área do dominio linguístico occitano.]]
O '''Bearne''',{{Sfn|Saraiva|1987|pp = 194-195}} {{Sfn|Vasconcellos|1959|p= 245}} {{Sfn|Suazo Pascual|2002|p = 194}} en [[lingua francesa|francés]] ''Béarn'', en [[gascón]], variedade [[Gascón|bearnesa]], que é variedade máis occidental da [[lingua occitana]], ''Bearn'' {{IPA|[beˈar]}} ou ''Biarn'' {{IPA|['bjar]}}, en [[Idioma aragonés|aragonés]], ''Biarn''; en {{lang-eu| Bearno}}, é unha [[rexión]] natural e histórica de [[Francia]], situada na vertente norte dos [[Pireneos]].
 
Forma parte, coa [[Baixa Navarra]], [[Lapurdi]] e [[Zuberoa]], que compoñen o [[País Vasco francés]] ([[Iparralde]]), o [[Departamentos de Francia|departamento]] dos [[Pireneos Atlánticos]], do cal ocupa o 60 % do territrio.
 
== Xeografía ==
Ocupa unha superficie de 4 672 [[quilómetro cadrado|km<sup>2</sup>]] e a súa poboación en [[2013]] era de 365 393 habitantes.
 
A súa capital é a [[cidade]] de [[Pau, Francia|Pau]].
 
O seu xentilicio é bearnés.
 
Desde a [[Revolución Francesa]], Bearne constitúe a parte oriental do departamento dos Pireneos Atlánticos, do que ocupa os 3/5 do seu territorio. Está atravesado en diagonal polas [[gave]]s de [[gave de Pau|Pau]] e de [[Olorón]], cuxos vals paralelos son a parte máis viva do país.
 
A economía bearnesa sempre dependeu en gran medida da actividade [[agricultura|agrícola]] e [[gando|gandeira]], e aínda mantén unha importante tradición nestes campos, pero na actualidade o Bearne tamén está orientado cara ás [[industria]]s de [[tecnoloxía|alta tecnoloxía]], como a [[Aeronáutica|aeronaútica]] e as [[xeociencias]] (impulsadas polo descubrimento do xacemento de gas de [[Lacq]] en 1951).
 
== Historia ==
Foi un antigo [[Estado soberano]] e unha antiga provincia [[Francia|francesa]] xurdida tras a unificación coa [[Reino de Francia|coroa real]] en [[1620]].
 
A historia do Bearn está unida a figuras ilustres como [[Gastón III de Foix-Béarn|Gastón Febo]], [[Henrique II de Navarra]] (Henri d'Albret) e co [[rei de Francia]] [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]].
 
Este pequeno estado foi capaz de manter a súa independencia durante séculos ao lado dos seus poderosos veciños franceses e españois. Nunca deixou de defender a liberdade e a xustiza para todos os bearneses, nunha sabia mestura de [[aristocracia]] e [[democracia]],<ref>[http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k5772863h/f19.image Histoire du Béarn en deux conférences, depuis les origines jusqu'à 1789], Émile Garet, 1911, pax. 7.</ref> (aínda que fosen elementos anacrónicos na [[Idade Media]]).
 
Os [[foros de Bearne]] representan a máis antiga lexislación escrita de Francia,<ref>[http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k5772863h/f20.image Histoire du Béarn en deux conférences, depuis les origines jusqu'à 1789], Émile Garet, 1911 páx. 8.</ref> e tratábase tanto duna carta política como dun código de xustiza ao que incluso o soberano de Bearn non podía subtraerse.
Liña 77:
 
{{historia en progreso}}
 
{{ORDENAR:Bearn}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Bearn}}
[[Categoría:Historia de Francia]]
[[Categoría:Xeografía de Francia]]