Diferenzas entre revisións de «Adiviña»

sen resumo de edición
(Desfíxose a edición 3812677 de 193.144.97.62 (conversa))
Sem resumo de edição
{{Cita|Que é unha cousiña, cousa: dous dereitiños, un dalle-dalle, catro mexafontes e un rega-montes?|[[vaca|Prema aquí]] para ver a solución.}}
 
== Adiviñas de Carballedo, Lugo ==
Recollidas por don Nicanor Rielo Carballo<ref>{{Cita libro|título=Escolma de Carballedo|apelidos=Rielo Carballo|nome=Nicanor|editorial=Ed. Castrelos|ano=1976|ISBN=84-7041-041-5|ref=}}</ref>
{{Cita|1-Alto me vexo no laperexo, ben vexo vir e non podo fuxir.
 
 
2-Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio, non me ves o pelo.
 
 
3-Catro corremontes, catro cichafontes, un dálle dálle, e dous tuturulús
 
 
4-Cen redondiños e un redondón, un saca saca e un quita pon
 
 
5-Dúas nais e dúas fillas, cubertas con tres mantillas e ningunha vai sen ela aínda que son tres prendas
 
 
6-Dúas peludas, un pelado e un cálcalle no rabo
 
 
7-Embaixo da terra, nun burato metida, ten barbas e non cara, dentes e sen boca, cabeza e sen pés e ti que tanto sabes, adiviña o que é
 
 
8-Entre dous puños brancos hai unha flor amarela, que se pode presentar diante do rei e da reina
 
 
9-Foliquiño andaba buscando, o rabo largo estaba mirando e se non fora polo buratiño, o que sería do pobre Foliquiño
 
 
10-Miña nai é tartamuda, meu pai é cantador, teño un vestido branco e marelo o corazón
 
 
11-Que cousa é, que cousa non é, cando vai para o monte vai enguruñada, e cando vén para a casa vén estarricada
 
 
12-Teño uns tríngulis míngulis colgados da barriga, teño libras, teño cuartas e en min todos se fían
 
 
13-Unha vez, a ver se adiviñas, debaixo do pinguín que pingaba estaba o roncón que roncaba e veu o fungón que fungaba, e o demo do fungón que fungaba
botou de alí ao roncón que roncaba
 
14-Métoo duro, sácoo brando, coloradiño e chorreando}}
SOLUCIÓNS: 1: A cereixa na cerdeira. 2: A pataca. 3: A vaca (4 cornos, 4 tetos, un rabo, 2 cornos). 4: o pote do caldo (as borbullas e o testo). 5: Avoa, filla e neta. 6: un labrego arando (2 vacas, un labrego, un arado). 7: O allo. 8: O ovo. 9: O rato e o gato. 10: O ovo. 11: A corda de atar. 12: A romana de pesar. 13: O porco e o can. 14: O pan nas sopas de viño.
 
== Notas ==
{{Listaref|02}}
[[Categoría:Xogos]]
7.062

edicións