Panteras Negras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: da, de, en, es, et, fi, fr, he, it, ja, no, pl, pt, sr, sv
Zumbi (conversa | contribucións)
Liña 30:
Produto das accións do [[FBI]], os Panteras Negras entraron en conflicto cos '''Blackstone Rangers''', unha cuadrilla da cidade de [[Chicago]]. No entanto en [[California]] o conflito forxouse coa organización '''United Slaves''' ('''[[Escravos Unidos]]'''), que en 1969 asasinaron aos responsábeis locais dos Panteras Negras [[Bunchy Carter]] e John Huggins.
Sospéitase tamén da instigación dun infiltrado do [[FBI]] George Sams no asasinato do militante Alex Rackley a mans dos seus propios compañeiros de partido, tras sinalalo como un informador.
A partir de 1970 os Panteras Negras ficarán divididos en varias faccións, das que destacan dúas tendencias fundamentais, unha liderada por [[Huey P. Newton]] e [[David Hilliard]] máis próxima ao espírito de servizo á comunidade e aos principios da autodefensa, e outra máis partidaria dunha estratexia de confrontación próxima á loita armada. Produto deste cisma foi o xurdimento en 1971 do '''Black Liberation Army''' ('''[[Exército Negro de Liberación]]'''), un grupo paramilitar que xa existía solapadamente na parte máis radical da organización.
 
A última líder dos Panteras Negras, tras o exilio de [[Huey Newton]] foi [[Elaine Brown]], primeira e única muller en tomar un cargo de poder dentro da organización. Elaine Brown liderou o partido entre 1974 e 1977 e achegou ideoloxicamente o principio da loita contra o [[sexismo]]. Os Panteras Negras disolvéronse afogados por problemas económicos e pola loita contra as autoridades.