Francesco Petrarca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de pt.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 40:
 
== Traxectoria ==
Petrarca naceu em [[Arezzo]], fillo dun [[notario]], e pasou a súa infancia na pequena cidade de [[Incisa in Val d'Arno]], preto de [[FlorençaFlorencia]]. O seu pai, Ser Petracco, exiliárase en Florencia en [[1302]], xunto con [[Dante]], polos [[Güelfos e xibelinos|güelfos negros]]. Petrarca pasou gran parte dos seus primeiros anos en [[Aviñón]] e [[Carpentras]], para onde se mudou a súa familia, para seguir ao papa [[Clemente V, papa|Clemente V]], que instalou o [[papado de Aviñón]] en 1309.
 
Inicialmente, estudou en [[Montpellier]] (1316–1320) e [[Boloña]] (1320–1326), onde o seu pai insistiu que estudase [[Dereito]]. Con todo, Petrarca interesábase pola escritura e a literatura [[lingua latina|latina]].
 
Trala morte do pai, en 1326, volveu a Aviñón, onde traballou en varios e diferentes empregos burocráticos, tendo así máis tempo libre para traballar nos seus escritos. Ao ser lanzada a sua primeira grande obra, ''Africa'', un poema épico en latín sobre o xeneral romano [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Scipio Africanus]], Petrarca converteuse nunha celebridade en [[Europa]]. En 1341, trouxo de volta a antiga tradición da ''laurea poetas'' e foi coroado en [[Roma]], sendo o primeiro home, dende a [[antigidadeantigüidade]], que recibiu esa honra.
 
Viaxou intensamente por Europa e traballou como embaixador. Gustáballe escribir cartas e tivo a [[Boccaccio]] como un dos seus amigos. Durante as súas viaxes coleccionou manuscritos antigos e foi dos primeiros que redescubriu o coñecemento da [[Roma Antiga|Roma]] e a [[Grecia Antiga]]. Entre outras realizacións, participou da primeira tradución latina de [[Homero]] e en 1345, descubriu persoalmente unha colección inédita de cartas de [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]]. Desdeñando o que cría ser a ignorancia dos séculos que precederon o seu tempo, dise que Petrarca usou a expresión "Idade das Tebras" para referirse á [[Idade Media]].
 
Petrarca afirmaba que o [[26 de abril]] de 1336, xunto co seu irmán e dous servos, alcanzou o cumio do [[Monte Ventoux]] (1909 m) e escribiu un relato ficticio da aventura, composto tempos máis tarde na forma de cartas para o seu amigo Francesco Dionigi. Posteriormente, ese relato converteuse na historia dunha expedición real de [[alpinismo]]. Por ese motivo, ese día está considerado o día do nacemento do alpinismo, e Petrarca considérase o "pai do alpinismo". Na última parte da súa vida viaxou bastante polo norte de [[Italia]].