Fonoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Xosé (conversa | contribucións)
m halófonos -> alófonos
Liña 15:
A clasificación máis inmediata dos fonemas é entre [[vogal|vogais]] e [[consoante|consoantes]], se ben nestes tamén se inclúen ás veces as [[líquidas]] e as [[glotais]].
 
=== Os halófonosalófonos ===
 
Os alófonos pódense dar en distribución complementar ou libre. Os alófonos en distribución complementar son os que aparecen sempre en determinados contextos e non noutros: onde aparece unha variante non pode aparecer outra. Por exemplo, en galego o ''b'' oclusivo ([b]) dase despóis dunha pausa ou dunha nasal. O ''b'' fricativo ([β])aparece en todos os demáis casos. Hai complementación entre unhas realizacións e outras, unhas valen para uns casos e outras para outros.
 
Os halófonosalófonos en distribución libre non se exclúen, senon que na mesma posición pódense dar duas realizacións: non hai complementariedade, senón superposición. É o caso da abertura das vogais, que pode variar moito.
 
As diferenzas fonolóxicas permiten que nunha lingua determinada se poidan distinguir significados. Os dous b de ''vai'' e ''avó'' non manteñen unha oposición distintiva, pero si /p/ e /b/ en todos os casos, ainda que estes fonemas en [[árabe]] son só alófonos e confúndense, como sucede con /l/ e /r/ nalgunhas linguas asiáticas.