Pedro Fernandes de Queirós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Como católico devoto, Quirós visitou [[Roma]] en [[1600]], onde obtivo apoio do papa, [[Clemente VIII]], para seguir con outras exploracións. Foi a [[Perú]] en [[1603]] coa intención de atopar ''Terra australis'', a "gran terra do sur mítica," e conquistala para España e a igrexa. A expedición de Quirós, con tres naves, ''Santos Pedro e Pablo'', ''San Pedro'' e ''Os Tres Reis'', partiu do Callao o 21 de decembro de [[1605]], con 300 mariñeiros e soldados.
 
En [[1606]] a expedición alcanzou as [[Tuamotu]] e as illas máis adiante chamadas Novas Hébridas (agora, como nación independente, [[Vanuatu]]). Quirós desembarcou nunha illa grande que creu era parte do continente meridional, e chamouna a ''Austrialia do Espírito Santo'' (mesturando as palabras Austral e Austria, dinastía reinante en [[España]] e [[Portugal]]). A illa aínda se chama [[Espírito Santo (illa)|Espírito Santo]]. Alí fundou unha colonia que chamou Nova Xerusalén. Pero a colonia foi pronto abandonada debido á hostilidade comprensible do Nin-Vanuatu-Vanuatu e aos desacordos entre os compoñentes da expedición.
 
Algunhas semanas despois Quirós fíxose á mar outra vez. O mal tempo separouno das outras naves e non conseguía (ou iso dixo el máis adiante) volver á beira. Entón puxo rumbo a [[Acapulco]] en [[México]], onde chegou en novembro de [[1606]].