Erwin Piscator: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 10:
 
=== Primeiros éxitos na República de Weimar ===
[[Ficheiro:Nollendorfplatz MetropolB-Schoeneberg min06-2017 img1.jpg|thumb|O Piscator-Bühne en Berlin (1927–29), antigo Neues Schauspielhaus]]
En colaboración co escritor Hans Rehfisch, formou un "Volksbühne proletario” en Berlín nun teatro-comedia, onde na tempada 1922–1923 representaron obras de [[Maxim Gorky]], [[Romain Rolland]] e [[Lev Tolstoi]].<ref>Willett, pp. 15–16, 46–47</ref> Desde a súa primeira produción no [[Volksbühne]] (1924–1927), ''Fahnen'' de [[Alfons Paquet]] que foi a primeira producida por Piscator que recibiu o nome de drama épico<ref>Cody, Gabrielle H. (2007) ''The Columbia Encyclopedia of Modern Drama'', Volume 2. Columbia University Press, páx. 1076</ref>, e logo como director do seu propio teatro, o [[Neues Schauspielhaus|Piscator-Bühne]] en [[Nollendorfplatz]], Piscator produciu pezas de forte contido social e político, que reflectían a súa concepción do feito dramático como unha ferramenta para influenciar os votantes cara a políticas de esquerdas. En 1926 causou controversia a montaxe que realizou da obra de [[Friedrich Schiller]] ''[[Die Räuber]]'' no [[Konzerthaus Berlin|Preußisches Staatstheater]], recortando o texto amplamente e reinterpretándoo como un vehículo para as súas crenzas políticas. Piscator fundou o influente, aínda que de curta duración, Piscator-Bühne en Berlín en 1927. En 1929 Piscator publicou o ensaio ''Das Politische Theater''.