Partido Socialista Obrero Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Liña 25:
|notas =
|}}
O '''Partido Socialista Obrero Español''' ('''PSOE''', en [[lingua galega|galego]]: ''Partido Socialista Obreiro Español'') é un [[partido político]] [[España|español]] de [[centro esquerda]] fundado en [[1879]] polo ferrolán [[Pablo Iglesias Posse]].
 
Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, [[Socialismo|socialista]] e [[Marxismo|marxista]], ata o Congreso Extraordinario de [[1979]], no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co [[Partido Popular]], gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en [[1978]], coas presidencias de [[Felipe González]] (1982-1996) e [[José Luis Rodríguez Zapatero]] (2004-2011).
Liña 31:
Actualmente é o principal partido da oposición parlamentaria de España, presidindo os gobernos de varias comunidades autónomas e participando noutros liderados por outros partidos. Forma parte do [[Partido Socialista Europeo]] e da [[Internacional Socialista]].
 
[[Ficheiro:Pablo Iglesias1.jpg|miniatura|[[Pablo Iglesias Posse]], fundador do PSOE.]]
 
== Historia ==
=== Orixes ===
O PSOE foi o segundo partido socialista e obreiro que se fundou no mundo (só o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD) se fundara con anterioridade), concretamente o 2 de maio de 1879 xúntanse de forma clandestina para fundalo un pequeno núcleo de intelectuais e obreiros (na súa maioría tipógrafos) encabezados por Pablo Iglesias, o [[20 de xullo]] aprobou o seu primeira programa nunha asemblea na que participaron 40 persoas. ''El Socialista'', o seu órgano de difusión apareceu en 1886, celebrou o seu primeiro Congreso en [[Barcelona]] en [[1888]]. En 1903 organizáronse as [[Juventudes Socialistas de España]]. Conseguiu representación parlamentaria por primeira vez nas eleccións do [[8 de maio]] de [[1910]], cando a ''Conxunción Republicano-Socialista'' permitiulle a [[Pablo Iglesias]] obter 40.899 sufraxios e o título de deputado a Cortes.<ref>[http://www.psoe.es/ambito/historiapsoe/docs/index.do?action=View&id=993 ''«El desarrollo de la organización socialista (1879-1921)»'']. Plana web oficial del PSOE</ref> Foi reelixido en [[1914]], en vésperas do asasinato de [[Jean Jaurés]], con 21.956 sufraxios, esta vez presentándose por [[Oviedo]]. O [[9 de abril]] de [[1916]] repetiu escano con 18.054 sufraxios. O [[24 de febreiro]] de [[1918]] Iglesias obtivo 27.694 votos, e por primeira vez estivo acompañado por outros socialistas: [[Julián Besteiro]], [[Andrés Saborit]], [[Francisco Largo Caballero]], [[Daniel Anguiano]] e [[Indalecio Prieto]], perseguidos en [[1917]] pola súa participación nunha folga xeral revolucionaria.
 
Estivo presente na vida pública española dende os seus comezos, cunha participación directa na loita revolucionaria contra o réxime da Restauración, caso da folga revolucionaria de ferroviarios de 1917, afogada en Biscaia, Asturias e Madrid.
Liña 49:
=== A ditadura de Primo de Rivera e a II República ===
 
Así mesmo, o PSOE foi o único partido ó que se lle permitiu permanecer na legalidade durante a ditadura do Xeneral [[Miguel Primo de Rivera]], pois aínda que [[Pablo Iglesias]] asina o [[13 de setembro]] de [[1923]] o manifesto contra a ditadura, como presidente do partido e da UXT, produciuse unha división no seu seo ante a actitude que debía manterse fronte ao réxime militar. Por un lado, Largo Caballero e Saborit eran partidarios dunha certa colaboración para permitir o funcionamento do sindicato, mentres que Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos eran contrarios a esa colaboración. A crise finalizou coa dimisión da Comisión Executiva de Prieto tras o nomeamento de Largo Caballero como Conselleiro de Estado de Primo de Rivera.
 
Coa chegada da [[Segunda República Española|II República]] o PSOE que se presentara ás eleccións en coalición cos republicanos e conseguira 115 deputados forma parte do goberno no primeiro bienio, o denominado republicano-socialista cun total de tres ministros: Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos. Durante o segundo bienio ou bienio negro, algúns dirixentes do partido involúcranse nos sucesos revolucionarios de Asturias, coñecidos como [[Revolución de 1934]] e xa non volvería ó goberno ata despois de comezada a [[guerra civil española|guerra civil]], ó ser nomeado en setembro Largo Caballero o primeiro presidente do goberno socialista da historia de España. No ano [[1936]] contaba con 60.000 afiliados.
Liña 101:
! Mandato
|-----style="background-color:#FFFFFF"
| 1. || [[Pablo Iglesias Possé|Pablo IglesiasPosse]]
| [[1879]]-[[1925]]
 
Liña 318:
 
== Resultados electorais ==
O PSOE obtivo o seu primeiro deputado, [[Pablo Iglesias Possé|Pablo IglesiasPosse]], nas [[Eleccións Xerais 1910 en España|eleccións xerais de 1910]] dentro da [[Conxunción Republicano-Socialista]], que incluía xunto ao PSOE ao [[Partido Republicano Radical]] (PRR), o [[Partido Republicano Democrático Federal]] (PRDF), o [[Partido de Unión Republicana Autonomista]] (PURA) e independentes [[republicanismo|republicanos]].
 
=== Eleccións xerais ===
Liña 331:
! data-sort-type="number" | Notas
|-
| '''[[Eleccións Xerais 1907 en España|1907]]''' || [[Pablo Iglesias Possé|Pablo IglesiasPosse]] || || 0,2% || {{Partido Político/escanos|0|404|hex=#EE1B22}} || ||
|-
| '''[[Eleccións Xerais 1910 en España|1910]]''' || Pablo Iglesias || || || {{Partido Político/escanos|1|404|hex=#EE1B22}} || || <small>Dentro da [[Conxunción Republicano-Socialista]] </small>