222.183
edicións
(subxectivo) |
(Clarificar) |
||
O exercicio físico é un compoñente do [[estilo de vida]] que nas súas distintas facetas ximnasia, deporte e a educación física constitúen actividades vitais para a saúde. A prolongación da vida e a terapia contra numerosas [[enfermidade]]s consisten hoxe día no exercicio físico, o deporte e o exercicio metódico porque educan, disciplinan, desenvolven a vontade e preparan ao ser humano para a produción e a vida.
É universalmente coñecido que o exercicio físico sistemático promove a [[saúde]] e contribúe decisivamente á lonxevidade do home. Investigacións{{Clarificar}} realizadas en diversos centros especializados e os resultados obtidos demostran que o tempo que se dedica a mellorar a capacidade física constitúe un tempo ben empregado.
Os beneficios fundamentais que o exercicio físico regular ofrece sobre a saúde son:
# Incrementa o funcionamento do [[sistema cardiovascular]] e [[aparello respiratorio|respiratorio]] para mellorar a [[perfusión tisular]] e xa que logo a achega de [[Osíxeno molecular|osíxeno]] e [[nutriente]]s aos [[Tecido (bioloxía)|tecido]]s.
#Opera cambios na mente do home cara a direccións máis positivas independentemente de calquera efecto curativo. Un programa de exercicio adecuado fortalece a [[psique]] humana.{{Cita requerida}}
# Aumenta a circulación cerebral, o que fai ao individuo máis esperto e alerta, e mellora os procesos do pensamento.
# Prolonga o tempo socialmente útil do home así como ao mellorar a súa capacidade física muscular eleva os seus niveis produtivos, polo que retarda os cambios da vellez. Asegura unha maior capacidade de traballo e a ter maior lonxevidade.{{Cita requerida}}
As enfermidades na que se demostrou que o exercicio físico é beneficioso son:{{Cita requerida}}
* [[asma (doenza)|Asma]]
* [[Infarto]]
* [[Diabetes mellitus]]
* [[Diabetes Xestacional]]
* [[Obesidade]]
* [[Hipertensión arterial]]
* [[Osteoporose]]
* Distintos tipos de [[cancro]], como o [[cancro de próstata]] e o [[cancro colorrectal]]
==Tipos de exercicio físico==
|
edicións