Diferenzas entre revisións de «Renacemento italiano»

sen resumo de edición
(Arranxos)
O '''Renacemento italiano''' foi a primeira manifestación do [[Renacemento]] europeo, un período de grande cambios e adiantos culturais que comezou en Italia durante o [[século XIV]], e durou ata o [[século XVI]], marcando a transición entre a [[Idade Media]] e a [[Idade Contemporánea]]. O termo Renacemento é moderno en realidade, xa que provén do [[século XIX]], de historiadores como [[Jules Michelet]] e [[Jacob Burckhardt]]. Malia que na orixe do movemento o esforzo intelectual estaba confinado á literatura e o patrocinio formou parte do século XIV, moitos aspectos da cultura e da sociedade italiana seguiron a ser fondamente medievais. O Renacemento non chegou ó seu apoxeo ata finais de século. A palabra ''renacemento'' (''Rinascimento'' en [[Lingua italiana|italiano]]) provén do renovado interese na cultura da [[Antigüidade clásica]] despois do período que os humanistas calificaron como os [[anos escuros]]. Eses cambios, concentráronse na elite, e para a maioría da poboación, a vida cambiou ben pouco con respecto á Idade Media.
 
O Renacemento italiano comezou na rexión de [[Toscana]], con epicentro nasna cidadescidade de [[Florencia]].<ref>Burke, e [[Siena]]P., ''The European Renaissance: Centre and Peripheries'' (1998)</ref> Logo tivo un importante impacto en Roma, que foi ornamentada con algúns edificios no estilo antigo, e despois fortemente reconstruída polos papas do século XVI. O cumio do movemento deuse a fins do século XV, mentres os invasores estranxeiros sumían á rexión no caos. Non obstante, as ideas e ideais do renacemento difundíronse polo resto de Europa, posibilitando o [[Renacemento nórdico]], centrado en [[Fontainebleau]] e [[Antuerpen]], e o [[Renacemento inglés]].
 
O Renacemento italiano é ben coñecido polos seus logros culturais. Isto inclúe creacións literarias con escritores como [[Francesco Petrarca|Petrarca]], [[Castiglione]], e [[Niccolò Machiavelli|Machiavelli]], obras de arte de [[Michelangelo]] e [[Leonardo da Vinci]], e grandes obras de arquitectura, coma a [[Santa María del Fiore|catedral metropolitana de Santa Maria del Fiore]] en Florencia e a [[Basílica de San Pedro]] en Roma.
226.373

edicións