Bieito Cupeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada categoría Biografías
Liña 5:
== A súa vida ==
 
Bieito Cupeiro Vázquez, naceu en Barallobre (Concello de [[Fene]]) o [[14 de febreiro]] de [[1914]].
Viviu no seu pobo natal ata os 22 anos, mais no [[1936]] emigrou para a [[Arxentina]], onde o seu pai residía dende había tempo. Botaba de menos á súa terra, sentindo unha forte morriña polo clima de galeguidade.
En [[1941]], decidiuse por [[Bos Aires]] onde xa se desenvolvía unha forte e intensa vida cultural.
En 1945 comezou a vencellarse á Federación de Sociedades Galegas, onde moi axiña pasou a integra-la Comisión de Cultura, que redactaba o xornal [[Galicia]].
En [[1947]] coñeceu a [[Castelao]], integrándose no grupo da Irmandade Galega fundado polo guieiro.
Foi colaborador do xornal A Nosa Terra e mentor e asesor das Mocidades Galeguistas, organización da que xurdiría Xosé Neira Vilas.
Director da revista Orzán, tamén colaborou con Vieiros, editada en México.
A súa verba afervoada, a súa fogosidade, a súa patriótica vehemencia, tiveron neste loitador inclaudicabel un dos expoñentes máis insignes de [[Ferrol|Ferrolterra]].
Pero a súa verdadeira dimensión, a súa verdadeira trascendencia acadouna coma educador. En [[1979]], o Instituto da Cultura Galega organiza unha serie de cursos, onde durante toda a semana e cun esforzo natabel, impartía clases de [[Historia]], [[Xeografía]], [[Arte]], [[Lingua]]... a máis de duascentas persoas que día a día enchían os salóns.
En [[1983]] foi sustituído, mais en [[1985]] reconstruíu esa labor noutra entidade, o Fogar de Ribadumia.
 
== A súa obra ==