Diferenzas entre revisións de «Sistema de escrita»

m
m (→‎Bibliografía: arranxiño)
Un script '''trácico''' representa detalles máis finos que un alfabeto. Os símbolos non representan fonemas completos, senón os elementos (trazos) que forman os fonemas, como a sonorización ou o seu lugar de articulación. Teoricamente cada trazo podería ser escrito cunha letra distinta; e abjads e abugidas, ou mesmo os silabarios, poderían ser trácicos, pero o único sistema prominente desta clase é o [[Lingua coreana|coreano]] [[hangul]]. En hangul, os símbolos trácicos se combinan para formar letras alfabéticas, e a unión destas forman bloques silábicos, de tal xeito que neste sistema se combinan tres niveis de representación fonolóxica. Moitos académicos, como John DeFrancis, rexeitan esta clase de escrita, ou polo menos etiquetar ao hangul como tal. O script coreano é un conciso script creado por instruídos expertos, ao que Daniels chama unha "sofisticada escrita artificial".
 
Son sistemas trácicos algunhas escritas [[Taquigrafía|taquigráficas]] e aqueles sistemas creados por aficionados e escritores de ficción como o [[Tengwar]], creado por [[J. R. R. Tolkien]]. Nestes sistemas artificiais, moitos dos trazos de avanzado deseño gráfico corresponden a propiedades fonolóxicas. A unidade básica de escrita destes sistemas pode representar desde fonemas ata palabras. Tense amosado que mesmo o script latino ten subcaracteres trácicos<ref>[http://wwwidsl1.phil-fak.uni-koeln.de/phil-fak/idslfileadmin/dozentenIDSLI/primusdozentenseiten/publikationenartikel_primus/Primus_Featural_Analysis_2004.pdf Primus, Beatrice. 2004. A featural analysis of the Modern Roman Alphabet. ''Written Language and Literacy, 7.2'', 235–274] {{En}}</ref>
 
=== Sistemas de escrita ambiguos ===
18.855

edicións