Calgary Flames: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 49:
Liderados polos 49 goles e 131 puntos de [[Kent Nilsson]], os Flames clasificáronse para os ''play-offs'' na súa primeira tempada en Calgary cun rexistro de 39 vitorias, 27 derrotas e 14 empates, o que lles valeu para finalizar na terceira posición da [[Patrick Division]].<ref name="regularseason">{{Cita libro |title=2007–08 Calgary Flames Media Guide |publisher=Calgary Flames Hockey Club |pages=g. 105 |editor=Hanlon, Peter and Kelso, Sean}}</ref> O equipo atopou un maior éxito nos ‘’play-offs’’ en Calgary do que encontrara en Atlanta, gañando as súas dúas primeiras series do ''play-off'' sobre os [[Chicago Blackhawks|Chicago Black Hawks]] e os [[Philadelphia Flyers]] antes de caer nas semifinais da NHL (final de conferencia) fronte aos [[Minnesota North Stars]].<ref>{{Cita libro |title=2006–07 Calgary Flames Media Guide |publisher=Calgary Flames Hockey Club |pages=g. 131 |editor=Hanlon, Peter and Kelso, Sean}}</ref> Este éxito temperán non se repetiu pronto. Despois de conseguir un balance negativo na [[Tempada 1981-1982 da NHL|tempada 1981-82]], Fletcher desfíxose de varios xogadores que quedaban da etapa en Atlanta que non puideron adaptarse ao ambiente de maior presión e reconstruíu o equipo.<ref name="HockeyChron"/><ref>{{Cita libro |last=Boer |first=Peter |title=The Calgary Flames |year=2006 |page=51 |publisher=Overtime Books |isbn=1-897277-07-5}}</ref> Durante as tres tempadas seguintes formou un núcleo de xogadores que permaneceron xuntos ata principios da década de 1990.
 
Fletcher realizou numerosos esforzos para igualar aos Oilers, levando ao equipo a un gran número de xogadores de universidades estadounidenses, como [[Joel Otto]], [[Gary Suter]], e [[Colin Patterson]], xogadores do hóckey sobre xeo europeo, como [[Håkan Loob]], e sendo un dos primeiros en elixir a xogadores da [[Unión Soviética]] no ''draft''.{{#tag:ref|Non se lles permitiu aos xogadores soviéticos ingresar en equipos occidentais ata [[1989]].<ref>{{Cita libro |url=https://books.google.es/books?id=htzq9LLDhFAC&pg=PA45&lpg=PA45&dq=Calgary+Flames+Fletcher+soviet+players&source=bl&ots=4jeARphuvz&sig=_AyweoSczCaXc-dBtKPFW8s0peM&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjKooG_qfTPAhVCiRoKHVapDHMQ6AEIVTAH#v=onepage&q=Calgary%20Flames%20Fletcher%20soviet%20players&f=false |autores=Calgary Flames (Hockey team), Monica Zurowski, Calgary Herald (Firm) |páxina=45 |título=The Fire Inside : Celebrating 25 Years of Calgary Frames Spirit Abd Hockey History |editorial=CanWest Books |data=2006 |isbn=9781897229019}}</ref>|group="nota"}}<ref>{{Cita web |url=http://www.calgaryherald.com/sports/25th+anniversary+1989+cliff+fletcher+outside+thinking+made+best/9761218/story.html |título=25th anniversary of 1989: Cliff Fletcher’s outside-the-box thinking made him one of the best of the era|publisher=Calgary Herald|dataacceso=19 de novembro de 2016 |lingua=en}}</ref><ref name="soviet">{{Cita web |url=http://sportsillustrated.cnn.com/hockey/news/2002/09/27/soviet_legacy/ |urlarquivo=http://web.archive.org/web/20070319042849/http://sportsillustrated.cnn.com/hockey/news/2002/09/27/soviet_legacy/ |título=Sweeping changes |apelidos=Dolezar |nome=John A. |data=27 de setembro de 2002 |dataacceso=24 de outubro de 2016 |lingua=en |editorial=Sports Illustrated |dataarquivo=2 de outubro de 2002}}</ref> Aínda así, o equipo non mellorara o suficiente para desafiar aosos Oilers, que necesitaron do máximo de sete partidos para derrotar aosos Flames no seu camiño a conquistar a [[Stanley Cup]] en [[Tempada 1983-1984 da NHL|1984]].<ref name="playoffresults">{{Cita libro |title=2007–08 Calgary Flames Media Guide |publisher=Calgary Flames Hockey Club |pages=g. 232 |editor=Hanlon, Peter and Kelso, Sean}}</ref>
 
En [[1983]], os Flames trasladáronse á súa nova casa, o Olympic Saddledome (agora coñecido como [[Scotiabank Saddledome]]), deixando o Corral logo de tres tempadas nas que tan só perderon 32 partidos como local.<ref name="FlamesHistory" /> Dende a [[Tempada 1984-1985 da NHL|tempada 1984-85]] ata a [[Tempada 1990-1991 da NHL|1990-91]], os Flames conseguiron 90 puntos en cada tempada, excepto nunha.<ref>{{Cita web |url=http://www.hockeydb.com/ihdb/stats/teamseasons.php?tid=43 |título=Calgary Flames seasons |dataacceso=25 de outubro de 2016 |editorial=The Internet Hockey Database |lingua=en}}</ref> Con todo, o equipo non puido trasladar o seu éxito aos ''play-offs'', en gran parte por non poder superar aosos seus rivais provinciais, os [[Edmonton Oilers]].
 
En [[1986]] finalizaron na segunda posición da [[Smythe Division]] cun rexistro de 40-31-9 (a única tempada entre 1984 e 1991 na que finalizaron con máis de 90 puntos),<ref name="regularseason" /> e na primeira rolda dos ''play-offs'' derrotaron aosos [[Winnipeg Jets (1972–96)|Winnipeg Jets]],<ref name="playoffresults" /> pasando á segunda rolda, onde se enfrontarían aos Oilers, que eran os claros favoritos para gañar unha terceira Stanley Cup consecutiva. Porén, os Flames sorprenderon aosos Oilers e elimináronos en sete partidos.<ref>{{Cita web |url=http://www.oilersheritage.com/history/dynasty_players_stevesmith.html |urlarquivo=http://web.archive.org/web/20120726004845/http://www.oilersheritage.com/history/dynasty_players_stevesmith.html |dataarquivo=8 de abril de 2004 |título=Dynasty Players: Steve Smith |dataacceso=25 de outubro de 2016 |editorial=Edmonton Oilers Heritage |lingua=en}}</ref> Despois disto, os Flames chegaron ás finais da [[Campbell Conference]], onde derrotaron aosos [[St. Louis Blues]] noutra serie de sete partidos, clasificándose por primeira vez na súa historia para a final da Stanley Cup, enfrontándosena que se enfrontaron aos [[Montreal Canadiens]], aínda que perderon o campionato en cinco partidos.<ref>{{Cita web |url=http://www.hockeydb.com/ihdb/stats/playoffdisplay.php?league=nhl1927&season=1986&leaguenm=NHL |título=1985-86 NHL Playoff Results |editorial=hockeydb.com |dataacceso=24 de outubro de 2016 |lingua=en}}</ref>
 
Despois da súa participación nas finais por primeira vez, os Flames conseguiron o seu mellor rexistro na liga regular. O rexistro de 46-31-3 da [[Tempada 1986-1987 da NHL|tempada 1986-87]] valeulle a Calgary a terceira posición da NHL, por detrás de Oilers e [[Philadelphia Flyers]], mais na post-tempada perderon na primeira rolda fronte aos Jets en seis partidos.<ref>{{Cita libro |title=2006–07 Calgary Flames Media Guide |publisher=Calgary Flames Hockey Club |editor=Hanlon, Peter and Kelso, Sean |pages=g. 125}}</ref> Na seguinte tempada conseguiron por primeira vez 100 puntos nunha tempada, gañando o [[Presidents' Trophy]], poñendo fin a seis anos de reinado dos Oilers na Smythe Division.<ref name="1987-88">{{Cita libro |title=2006–07 Calgary Flames Media Guide |publisher=Calgary Flames Hockey Club |editor=Hanlon, Peter and Kelso, Sean |pages=g. 124}}</ref> Malia terse reforzado de cara aos ''play-offs'', os Flames caeron na segunda rolda fronte aos Oilers.<ref name="playoffresults" />