Calgary Flames: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 713:
[[Ficheiro:Jarome Iginla Gold Stick.png|miniatura|dereita|[[Lanny McDonald]] presenta a [[Jarome Iginla]] cun stick dourado. Os dous son os únicos xogadores en anotar o seu gol número 500 coa camisola dos Flames.]]
 
Varios membros dos Flames teñen sido honrados polo [[Hockey Hall of Fame]] durante a historia do equipo en Calgary. [[Lanny McDonald]] foi o primeiro xogador da franquía en ser introducido, gañando a elección en [[1992]]. McDonald rexistrou 215 goles en 492 partidos cos Flames, incluíndo un récord de equipo con 66 goles na [[Tempada 1982-1983 da NHL|tempada 1982-83]]. A el uníuselle no ano [[2000]] o seu compañeiro de equipo na tempada que os Flames gañaron a Stanley Cup, [[Joe MulleMullen]]. Mullen pasou cinco tempadas no equipo de Calgary, conseguindo 388 puntos e gañando dúas veces o [[Lady Byng Trophy]]. [[Grant Fuhr]], elixido en [[2003]], converteuse no terceiro ex-xogador dos Flames en formar parte do Hall of Fame. Fuhr tan só xogou unha tempada en Calgary; con todo, conseguiu a vitoria número 400 da súa carreira coa camisola dos Flames, unha vitoria fronte aos [[Florida Panthers]] o [[22 de outubro]] de [[1999]].<ref name="hhof">{{Cita libro |title=2006–07 Calgary Flames Media Guide |publisher=Calgary Flames Hockey Club |editor=Hanlon, Peter and Kelso, Sean |pages=gs. 20–21}}</ref> En [[2007]], [[Al MacInnis]] converteuse no cuarto xogador en ter xogado nos Flames que ingresou no Hall of Fame, e o terceiro en mostrar as súas credenciais para entrar no Hall of Fame principalmente pola súa carreira nos Flames. MacInnis foi xogador dos Flames dende [[1981]] ata [[1994]], e en [[1989]] gañou o [[Conn Smythe Trophy]] como MVP dos ''play-offs''.<ref>{{Cita web |url=http://sports.espn.go.com/nhl/halloffame07/bio?page=nhlhall07/macinnis |título=2007 Hockey Hall of Fame—Al MacInnis bio |apelidos=Burnside |nome=Scott |data=9 de novembro de 2007 |editorial=ESPN |dataacceso=25 de outubro de 2016 |lingua=en}}</ref> O 9 de novembro de [[2009]], [[Brett Hull]] converteuse no quinto xogador na historia dos Calgary Flames en entrar no Hockey Hall of Fame.<ref name=HHOF>{{Cita web |url=http://www.legendsofhockey.net/html/ind09prolog.htm#1styears |urlarquivo=http://web.archive.org/web/20110616061714/http://www.legendsofhockey.net/html/ind09prolog.htm |dataarquivo=24 de xuño de 2009 |título=Hockey Hall of Fame Announces 2009 Inductees |data=23 de xuño de 2009 |dataacceso=25 de outubro de 2016 |obra=Legends of Hockey |editorial=[[Hockey Hall of Fame]] |lingua=en}}</ref>
Hull foi elixido no posto 117 no ''draft'' de [[1984]] polos Flames, e comezou a súa carreira na NHL xogando dúas tempadas (1986–1988) en Calgary. O 28 de xuño de [[2011]], anunciouse que os antigos dianteiros dos Flames [[Doug Gilmour]] e [[Joe Nieuwendyk]] se converterían no sexto e sétimo membros do equipo en entrar no Hockey Hall of Fame na categoría de xogadores.<ref>{{Cita web |url=http://sports.espn.go.com/chicago/nhl/news/story?id=6712953 |título=Hockey Hall of Fame welcomes four|data=29 de xuño de 2011 |dataacceso=25 de outubro de 2016 |lingua=en}}</ref> O último xogador introducido no Hall of Fame foi o [[Rusia|ruso]] [[Sergei Makarov (hóckey sobre xeo)|Sergei Makarov]], seleccionado en [[2016]].