Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Liña 31:
 
Doutra banda, o límite sur e oriental de Mesoamérica foi máis ou menos estable. Con todo, algunhas manifestacións dos pobos da zona afastáronse das pautas mesoamericanas durante o Preclásico Tardío e o Clásico Temperán (séculos. IV e VII&nbsp;a.&nbsp;C.), de modo que durante esta época a rexión de Centroamérica afastouse da esfera cultural da América Media. Ao terminar esta etapa, os lazos coas culturas mesoamericanas restablecéronse e foron reforzados polas migracións de grupos [[linguas otomangueanas|otomangueanos]] ([[chorotega]]s e [[mangue]]s) e [[linguas uto-aztecas|uto-aztecas]] ([[pipils]] e [[nicarao]]s).<ref>''Atlas del México prehispánico:'' páx. 67.</ref>
=== Trazos xeográficos de Mesoamérica ===
 
Mesoamérica atópase aproximadamente entre os paralelos 10°&nbsp;N e 22°&nbsp;N. É un territorio de gran diversidade topográfica e ecolóxica. A súa topografía é diversa porque a conforman varias cadeas montañosas e nós que forman parte do [[cinto de lume do Pacífico]]. Doutra banda cando se penetra cara ao norte das terras altas, na península iucateca, desaparecen as serras e decrece a altitude ata converterse o territorio nunha planicie calcárea que no seu extremo máis setentrional caracterízase polas súas selvas baixas e clima caloroso. Todo isto é un factor elemental para comprender a xeografía de Mesoamérica, porque introduce un factor de diversidade notable. Por iso, aínda que Mesoamérica no xeral atópase na zona tropical e subtropical, alberga grandes contrastes [[clima|climáticos]].
 
== Notas ==