Max Müller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 2:
 
'''Friedrich Maximilian Müller''', máis coñecido como '''Max Müller''', nado en [[Dessau]] o [[6 de decembro]] de [[1823]] e finado o [[28 de outubro]] de [[1900]], foi un filólogo, hindólogo, mitólogo e orientalista [[Alemaña|alemán]], fundador da [[mitoloxía comparada]].
== BiografíaTraxectoria ==
 
'''Friedrich Max Müller''' naceu en [[Dessau]] como fillo do poeta romántico [[Wilhelm Müller]], amigo de [[Felix Mendelssohn|Felix Mendelssohn-Bartholdy]]; [[Carl Maria von Weber]] foi o seu padrino.
Liña 10:
Alcanzaría a dominar o [[Lingua latina|latín]] e o [[lingua grega|grego]], e a ser bastante competente en [[Lingua árabe|árabe]], sánscrito e [[Lingua persa|persa]].
 
Marchou en 1844 á [[Universidade de Berlín]], onde estudou con [[Friedrich Schelling]], para quen traduciu as ''[[Upanishads]]'', xunto co filólogo comparatista [[Franz Bopp]]. Por estes anos deu a coñecer tamén a súa tradución ao inglés de ''[[HitopadesaHitopadeśa]]'', unha colección de [[fábula]]s e [[apólogo]]s, e en 1845 trasladouse a París para estudar sánscrito baixo a tutela de [[Eugène Burnouf]], quen o animou a traducir completamente o ''[[Rig-veda]]'' (o texto máis antigo da literatura da India, de mediados do [[II milenio a. C.]]) usando os manuscritos que había en Inglaterra.
 
Con ese fin viaxou a ese país en 1846, e alí permaneceu xa o resto da súa vida.
Liña 22:
Para Müller, a cultura védica hindú representa unha adoración ás forzas naturais, e os deuses son forzas activas da natureza que foron personalizadas; os fenómenos físicos serían así convertidos en personaxes.
 
Müller resumiu a súa teoría dicindo que a mitoloxía é «unha enfermidade da linguaxe». As palabras de procesos naturais volvéronse descricións de seres e narracións. Os deuses, pois, comezariáncomezarían como [[concepto]]s antes de ser usados como nomes propios, de forma que o deus pai dos indoeuropeos tería varios nomes, Zeus, Xúpiter, [[Dyaus Pitar]], denominacións que proveñen da palabra indoeuropea ''diaus'' (que significa 'brillo'), que dá lugar ás palabras ''deva'' (sánscrito), ''deus'' (latín), ''theos''/''zeós'' (grego) como nomes comúns para un deus, e os nomes propios Zeus e Iu-piter.
Así, unha metáfora queda osificada, como en certas ideas de [[Nietzsche]]. Pero Müller non aplicou a súa crítica a todas as relixións e consideraba que o cristianismo era moralmente superior ás culturas indostánicas que estudaba. Con todo, as súas teorías sobre as culturas arias orixinais non se acompañaron de teses racistas.
É soado a correspondencia que mantivo con [[Ralph Waldo Emerson]]. Sostivo polémicas contra o semariosemanario alemáalemán [[Der Spiegel]] e [[Louis Jacolliot]].
Os seus artigos e correspondencia atópanse depositados na Biblioteca Bodleiana de Oxford.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}