A eclipse do darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Contexto: arranxiño
Miguelferig (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4523181 de Alfonso Márquez (conversa) Standford é unha localidade xeográfica de California, polo que leva o "de". Non é un nome de persoa.
Liña 24:
Tanto Darwin como o seu estreito seguidor [[Thomas Henry Huxley]]{{efn|Huxley era coñecido como o "buldog de Darwin".}} admitiran francamente tamén que a selección podería non ser a explicación completa da evolución; Darwin estaba preparado para aceptar unha certa proporción de [[lamarckismo]], mentres que Huxley sentíase cómodo co [[saltacionismo|cambio mutacional repentino]] e a evolución dirixida ([[ortoxénese|ortoxenética]]).<ref name=Bowler28>{{Harv|Bowler|1983|p=28}}</ref>
 
A finais do século XIX, a crítica da selección natural chegara a un punto en que en 1903 o botánico alemán, [[Eberhard Dennert]] escribía que "Estamos presentes perante o leito de morte do darwinismo", e en 1907 o entomólogo da [[Universidade de Stanford]] [[Vernon Lyman Kellogg]], que apoiaba a selección natural, afirmou que "... a pura verdade é que a teoría da selección darwinista, considerada respecto a súa pretendida capacidade de ser unha explicación mecánica independentemente suficiente da descendencia, está hoxe seriamente desacreditada no mundo biolóxico." <ref>{{Harv|Endersby|2007|pp=143,453}}</ref> Engadiu, non obstante, que había problemas que impedían unha aceptación ampla de calquera das alternativas, xa que as grandes mutacións parecían demasiado pouco comúns, e non había probas experimentais de mecanismos que puidesen soster o lamarckismo ou a ortoxénese.<ref>{{Harv|Larson|2004|p=128}}</ref> Ernst Mayr escribiu que un exame da literatura evolutiva e dos textos de bioloxía mostrou que aínda en 1930 a crenza de que a selección natural era o factor máis importante na evolución era un punto de vista minoritario, e só uns poucos xenetistas de poboacións eran estritiamente seleccionistas.<ref name="MayrX"/>
 
=== Motivación das alternativas ===