Bill Walton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 57:
 
==== San Diego/Los Angeles Clippers (1979-1985) ====
Portland recibiu a cambio ao aleiro [[Kermit Washington]], ao [[pivote]] [[Kevin Kunnert]], unha primeira rolda do [[Draft da NBA|draft]] e 350.000 [[USD|dólares]], algo que foi moi mal visto polos xogadores dos Clippers e por gran parte da afección, tendo en conta a cantidade de lesións que arrastraba o xogador. Ademais, conseguiu un contrato recordrécord naquela época de sete millóns de dólares anuais.<ref name="bionba">[http://www.nba.com/history/players/walton_bio.html Bill Walton Bio]</ref> As lesións, con todo, seguiron aí. Tras xogar unicamente catorce partidos da tempada [[1979]]-[[1980|80]], e tendo unha media de 13,9 puntos e 9 rebotes por partido,<ref>[http://www.basketball-reference.com/teams/sdc/1980.html 1979-80 San Diego Clippers]</ref> volveu fracturarse o [[escafoide (tarso)|escafoide]]. Foron os únicos partidos que xogaría en dúas longas tempadas, nas que o seu equipo logrou apenas 36 e 17 vitorias respectivamente, o que fixo que varios compañeiros do equipo, entre eles [[World B. Free]], acusáseno de finxir as lesións.<ref name="bionba" /> Nas súas catro primeiras tempadas, apenas puido disputar 47 partidos.
 
Determinado a volverse a vestir de curto, a pesar de que os doutores dixeron que non volvería xogar, someteuse a unha radical cirurxía para refacer o seu maltreito pé. Walton aproveitou o tempo de recuperación para sacarse a carreira de dereito na [[Universidade de Stanford]], practicando [[volei praia]], [[tenis]] e [[ciclismo]], en ocasións co seu amigo [[Mickey Hart]], batería dos [[Grateful Dead]] (mesmo chegou a tocar a batería nun concerto en [[Exipto]] cos ''Dead'').<ref name="bionba" /> A operación funcionou. Walton, con 29 anos, regresou ás pistas na tempada [[1982]]-[[1983|83]], xogando só un partido semanal, que era o único que lle permitiu o equipo médico que o tratou (este tipo de acordo tiña un precedente dentro da liga, cando [[Elgin Baylor]] acordou xogar só unha vez por semana mentres servía na reserva do exercito).<ref name="bionba" /> En 33 partidos cos Clippers tivo unha media de 14,1 puntos por partido, a súa cuarta mellor marca de toda a súa carreira, anotando un 52,8% de tiros de campo.<ref>[http://www.basketball-reference.com/teams/sdc/1983.html 1982-83 San Diego Clippers]</ref> Xogou por fin sen dor algunha por primeira vez na súa carreira, e parecía estar máis feliz que nunca.
 
Tanto Walton como os Clippers melloraron nos dous seguintes anos. Walton xogou 55 partidos na tempada [[1983]]-[[1984|84]] e 67 na [[1984]]-[[1985|85]], gañando o seu equipo 30 e 31 partidos respectivamente.<ref>[http://www.basketball-reference.com/teams/lac/1985.html 1984-85 Los Angeles Clippers]</ref> Con trinta e dous anos e vendo que o seu corpo non aguantaría moito máis, marcouse o obxectivo de gañar títulos nalgún dos grandes equipos do momento.<ref name="bionba" /> Ao terminar a tempada, os dous grandes equipos da [[1980|década dos 80]] chamaron ás súas portas: os [[Los Angeles Lakers|Lakers]] e [[Boston Celtics]]. Despois de que varios xogadores deste último equipo declarasen que lles gustaría contar cun xogador como Walton para reforzar o xogo dos homes altos do equipo, [[Robert Parish]] e [[Kevin McHale]], o presidente do equipo, [[Red Auerbach]], accedeu aos seus desexos: traspasou aos Clippers a [[Cedric Maxwell]] e unha primeira rolda do draft a cambio do ''gran rubio''. Por fin os seus soños fixéronse realidade: xogar nos Celtics, un anhelo que tiña desde pequeno, e ter opcións de gañar un anel de campión.<ref name="bionba" />