Micromatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
m arranxiño
Liña 1:
[[Ficheiro:Venn Diagram for bioMEMS, LOC, and MTAS.svg|dereita|miniatura|upright=2|A [[diagrama de Venn]] que mostra e contrasta algúns aspectos dos campos do [[bio-MEMS]], [[lab-on-a-chip]], e [[μTAS]].]]
Unha '''micromatriz''' ou ''microarray'' é un sistema de análise de moléculas usado en [[bioloxía molecular]], que permite analizar en paralelo miles de moléculas cunha pequeña cantidade de mostra biolóxica e nun pequeno espazo. É un [[lab-on-a-chip]] (laboratorio nun chip) [[múltiplex (proba)|múltiplex]] (mide moitos analitos nunha soa proba) do que hai varios tipos, que ás veces tamén se chama biochip ou chip xenético, porque ocupan espazos tan pequenos como os dun chip de computadora. Trátase dunha matriz bidimensional sobre un substrato sólido (xeralmente unha placa de vidro ou unha [[célula de película fina de silicio]]) que pode analizar grandes cantidades de material biolóxico usando un [[screening de alto rendemento]] miniaturizado, un procesamento paralelo múltiplex e métodos de detección. O concepto e metodoloxía das micromatrices foron introducidos e ilustrados inicialmente nas [[micromatriz de anticorpos|micromatrices e anticorpos]] (tamén chamadas [[matriz de anticorpos|matrices de anticorpos]]) por Tse Wen Chang en 1983 nunha [[publicación científica]]<ref name="pmid6606681">{{Cita publicación periódica |doi=10.1016/0022-1759(83)90318-6 |title=Binding of cells to matrixes of distinct antibodies coated on solid surface |year=1983 |last1=Tse-Wen Chang |journal=Journal of Immunological Methods |volume=65 |pages=217–23 |pmid=6606681 |first1=TW |issue=1–2}}</ref> e nunha serie de [[patente]]s.<ref>http://www.google.com/patents/US4591570; http://www.google.com/patents/US4829010; http://www.google.com/patents/US5100777.</ref> A industria do "[[Micromatriz de ADN|chip de xenes]]" empezou a crecer significativamente despois da publicación científica de 1995 dos laboratorios de Ron Davis e Pat Brown na [[Universidade de Stanford]].<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1126/science.270.5235.467 |title=Quantitative Monitoring of Gene Expression Patterns with a Complementary DNA Microarray |year=1995 |last1=Schena |first1=M. |last2=Shalon |first2=D. |last3=Davis |first3=R. W. |last4=Brown |first4=P. O. |journal=Science |volume=270 |issue=5235 |pages=467–70 |pmid=7569999}}</ref> Coa aparición de varias compañías como [[Affymetrix]], [[Agilent]], Applied Microarrays, Arrayit, [[Illumina (companía)|Illumina]], e outras, a tecnoloxía dos [[micromatriz de ADN|micromatrices de ADN]] converteuse na máis sofisticada e máis amplamente usada, mentres que as micromatrices de [[proteína]]s, [[péptido]]s e [[carbohidrato]]s<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1002/pmic.200600478 |title=Photogenerated glycan arrays identify immunogenic sugar moieties of Bacillus anthracis exosporium |year=2007 |journal=Proteomics |volume=7 |issue=2 |pages=180-184|}}</ref> están tamén expandíndose.
 
== Tipos ==