Isabel Soto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
 
=== Tradución literaria ===
Traballa como tradutora profesional dende [[1996]]. Nunha primeira etapa, principalmente libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán<ref>[https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=120868 Ficha da autora en Dialnet] {{es}}.</ref> dende a [[lingua francesa]], a [[lingua portuguesa|portuguesa]] ou a [[lingua italiana|italiana]]<ref>[http://www.cervantesvirtual.com/obras/autor/soto-lopez-isabel-37687 Obras de Soto López, Isabel] na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes {{es}}.</ref>. No ámbito galego, publicou con [[Edebé-Rodeira]], [[Kalandraka]], [[Edicións Xerais de Galicia]], [[Editorial Hugin e Munin]], [[El Patito Editorial]], [[Hércules de Edicións]], [[Edelvives-Tambre]]. No ámbito estatal, con [[Destino]], [[Alianza editorialEditorial]], [[Bruño]], [[Vicens Vives]], [[Ediciones SM]], [[Akal]], [[Anaya]], [[Ediciones B]], [[Edelvives]] e [[Planeta & Oxford]].
 
Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor [[Xavier Senín]], entre eles diversos números de ''[[Astérix]]''<ref>[http://praza.gal/cultura/5269/asterix-volvera-falar-galego-da-man-de-xerais/ ''Astérix volverá falar galego da man de Xerais''], nova en ''[[Praza Pública]]'' o 23 de agosto de 2013.</ref>, tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como [[Raymond Roussel]], [[Daniel Pennac]], [[François Bégaudeau]], [[Villiers de L'Isle-Adam]], [[Juan Farias]] ou [[Rosa Navarro Durán]].