Lavinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[File:Lavinia.jpg|thumb|right|192px|<center> {{PAGENAME}} </center>]]
 
'''Lavinia''' é filla do rei [[Latino]] e de [[Amata]]. Estaba prometida con [[Turno]] antes da chegada de [[Eneas]] ó [[Lacio]], pero o seu pai deuna en [[matrimonio]] ó troiano. No seu honor [[Eneas]] chama Lavinio a cidade fundada por el. Segundo unha tradición, da súa unión con Eneas naceu [[Ascanio]], pero na [[Eneida]], Ascanio é só o seu fillastro, xa maior cando Eneas chega ó Lacio. A Eneida non menciona ningún fillo de Lavinia e Eneas, pero os mitógrafos contan que, despois da morte deste, Lavinia deu a luz un fillo póstumo do heroe, chamado [[Silvio]]. Ascanio cedeu entón a cidade de Lavinio ó seu medio irmán, e partiu a fundar a de Alba, pero ao morrer sen fillos, deu o trono a [[Silvio]]. A tradición breve da fundación de [[Roma antiga|Roma]] -a que suprime os reinados entre Eneas e Rómulo– presenta a Lavinia como a nai de Emilia, quen tivo un fillo de [[Marte]]: [[Rómulo]]. Finalmente, unha lenda da inspiración puramente grega conta que Lavinia era filla do sacerdote [[Anio]], que seguira a Eneas como profetisa na viaxe a occidente e morreu no lugar onde o heroe fundou a cidade de Lavinia.
{{Control de autoridades}}