Cristovo Colón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 85.137.150.127 (conversa); cambiado á última versión feita por Norrin strange
→‎Relacións cos indíxenas: Corrixo erros gramaticais
Liña 25:
 
== Perfil histórico ==
Cristovo Colón é, no século XXI, un personaxe histórico controvertido. Aínda que os historiadores académicos cren que Colón foi xenovés, arredor da súa figura existen diferentes [[Teoría científica|teorías]], referidas tanto na súa orixe xeográfica ([[Cataluña|catalán]], [[Illas Baleares|balear]], [[Galicia|galego]], [[portugal|portugués]]...) como á súa liñaxe (humilde ou nobre) e a súa relixión ([[Cristianismo|cristián]], [[Xudaísmo|xudeu]]), ou ás súas habilidades, posto que, mentres que algunhas teorías reforzan a imaxe dunha persoa habilidosa, pero pouco dotada para o mando e a navegación, outros nolo mostranamósannolo con grandes dotes neste sentido. Igualmente controvertido é todo o que rodea o [[descubrimento de América]] e como se aconteceu que Colón chegase ao convencemento que era posible encontrar unha ruta cara á India navegantenavegando en dirección oeste.
 
As contradicións entre algunhas fontes coetáneas, incluíndo o mesmo Colón, así coma os posteriores intereses nacionais e relixiosos para atribuírse a [[orixe de Cristovo Colón|«paternidade» de Colón]] propiciaron que a personaxe presente toda unha serie de claroscuros sobre os cales non hai un consenso claro na comunidade histórica actual.
Liña 33:
Malia que é probábel que Colón non fose o primeiro europeo en pisar as costas americanas -á súa época gozou de moita chamada, amais, a tradición dun posíbel predescubridor, que segundo as fontes sería máis ou menos críbel<ref name="De las casas, p. vol. I, cap. XIV.">{{cita web|apelidos=Vidal|nome=Víctor|título=De las casas, p. vol. I, cap. XIV.|url=http://archive.org/texts/flipbook/flippy.php?id=historiaindias01casarich|obra=Historia de las Indias}}</ref>- Colón non soamente chegou ao Novo Mundo, senón que volveu a Europa, realizou un total de catro viaxes e deu inicio a un réxime de viaxes periódicas seguras dende Europa até América. A partir das viaxes de Colón, sucedérono outros exploradores e conquistadores e establecéronse vínculos permanentes co novo continente.
 
No contexto histórico da época, o tránsito de [[mercado]]rías entre o oriente e Europa realizábase pola ruta que ía de [[Asia]] até Europa atravesando a [[Anatolia|Asia Menor]], pero a partir da presa de [[Constantinopla]] polos turcos, no [[1453]], esta vía fíxose difícil e quedou [[Monopolio|monopolizada]] polos otománsotomanos e os seus aliados, os mercadores [[Xénova|xenoveses]]. As nacións máis occidentais de Europa -Portugal, [[Castela]] e [[Aragón]]-, necesitadas dos bens orientais, querían adquirir estas mercadorías sen medianeiros.
 
[[Portugal]] foi quen tomou a iniciativa, grazas, principalmente, ao feito de que a conquista do seu territorio aos [[musulmán]]s finalizara no [[século XIII]]; os portugueses, así, lanzáranse a navegar para ampliar os seus dominios e mirar de descubrir novas rutas comerciais. No ano [[1488]], mediante o mariñeiro [[Bartolomeu Dias]], chegaran á cabeza de [[Cabo de Boa Esperanza|Boa Esperanza]]: atoparan, pois, unha nova ruta cara ao oriente e deste modo podían crear á vez un novo monopolio, que competiría con Xénova. As coroas castelá e aragonesa, unidas dinasticamente mediante os [[Reis Católicos]], cando xa se encontraban ás fins da [[Reconquista]] -coa presa de [[Granada]]- interesáronse pola investigación dunha nova ruta.
 
Colón sostiña que navegando polo oeste o camiño era moito máis curto, de forma que proxectou a súa viaxe como unha oportunidade de abrir unha nova ruta comercial alternativa ás xa existentes -a terrestre, monopolizada por Xénova e os otománsotomanos, e a marítima, recentemente descuberta polos portugueses-, para a cal recolleu finalmente o padroado dos Reis Católicos.
 
== Traxectoria ==
Liña 73:
Parte para a súa primeira viaxe en [[1492]], con dúas carabelas ([[Pinta (carabela)|a Pinta]] e a [[Niña]]) e unha [[nao]] (a [[Santa María (nao)|Santa María]]) do porto de [[Palos de la Frontera]]. A nao [[Santa María (nao)|Santa María]] foi construída en [[Galicia]] e levaba como piloto a un galego de [[Baiona]]: [[Cristobal García Sarmiento]], por este motivo quizais sexa o porto elixido para regresar.
 
A expedición toca a illa de [[Gran Canaria]] e pon rumbo ao suroeste; tres meses despois chega a ununha illeoilla das [[Bahamas]] aoá que lle deu o nome de [[San Salvador (Bahamas)|San Salvador]]. Continua navegando e costeou [[Cuba]], para despois chegar ao [[Haití]] á lle que deu o nome de [[A Española|Hispaniola]]. Convencido de ter chegado á [[India]], deixa alá unha pequena colonia e regresa á [[Europa]] o 1º de marzo de 1493, tocando en primeiro lugar o porto de Baiona a carabela Pinta coa seguinte tripulación: [[Martín Alonso Pinzón]], Capitán; [[Francisco Martín Pinzón]], Mestre; [[Cristobal García Sarmiento]], Piloto; [[Juan Quintero de Algruta]], Contramestre; García Hernández, Despenseiro; Juan Reynal, Alguacil; Maestre Diego, Cirurxián; Juan Rodríguez Bermejo ([[Rodrigo de Triana]]), Cristobal Quintero, Gómez Rascón, Diego Martín Pinzón, Francisco García Vallejo, Juan Verde de Triana, Antón Calabrés, Álvaro Pérez, Gil Pérez, Sancho de Rama e Juan Veçano, mariñeiros; Pedro de Arcos, Fernando Medel, Francisco Medel, Alonso de Palos, Juan Quadrado, Pedro Tegero, Juan Arias e Bernal, grumetes.
 
[[Ficheiro:Christopher Columbus5.jpg|miniatura|esquerda|180px]]
Liña 85:
 
=== Relacións cos indíxenas ===
Seguindo asos costumes vixentes naquela época, as relacionesrelacións de Colón con outros pobos e terras rexíanse polas posibilidades de conquistalas para elo reino ao que representaban.
 
Pensando que se atopaba nas terras do [[Gran Kan]], intentaron tomar posicións militares defensivas e establecer contacto con algún rei, pero non atoparon nada parecido e comprobaron pouco a pouco que posuían unha gran superioridade armamentística sobre os indíxenas e que estes descoñecían as palabras "Gran Kan". Atribuíron ese descoñecemento a un baixo nivel cultural dos indíxenas e asumiron a facilidade de conquista do novo territorio.
 
O goberno dos irmáns Colón na [[A Española|Española]] non cumpriu cascoas expectativas dos reis españois. Non só se enfrontaron aos españois da illa, senón que, ao non conseguiren as riquezas que pensaran, agrediron os indíxenas e venderon algúns como escravos, desobedecendo así as ordes expresas de [[Isabel a Católica]], que deixara clara a súa vontade de que se tratase os indíxenas como súbditos de [[Reino de Castela|Castela]].<ref>{{cita libro|autor=IRVING, Washington|título=Vida y viajes de Cristobal Colon|url=http://books.google.es/books?id=MsUjjRTlDGoC|editorial=Gaspar y Roig|ano=1832|páxina=[http://books.google.es/books?id=MsUjjRTlDGoC&printsec=titlepage#PPA151,M1 151]}}</ref> Por este motivo, o primeiro [[Vicerrei]], [[Almirante]] e [[Gobernador]] de [[América]] foi arrestado e enviado con cadeas ante a reinaraíña polo gobernador [[Francisco de Bobadilla (gobernador)|Francisco de Bobadilla]].<ref>[http://ec.aciprensa.com/c/cristobcolon.htm "Cristóbal Colón"], entrada na ''Enciclopedia Católica'' {{es}}.</ref> O comportamento de Colón non correspondía co que [[España]] propoñía nas súas leis,<ref>Tamén para o profesor da [[Universidade de Salamanca]], [[Francisco de Vitoria]], un dos principios fundamentais recoñecidos n a Carta Constitucional dos Indios, como teoloxía alternativa, era o dereitos destes a ser homes e ser tratados como seres libres (véxase ''Derechos y Deberes entre Indios y Españoles en el nuevo mundo según Francisco de Vitoria''. [[Salamanca]], [[Universidad Pontificia de Salamanca]], 1992: p. 10.[http://www.alertanet.org/dc-rcolme-const-ve.htm]</ref> aínda que a distancia, entre outros motivos, propiciaron condutas similares á de Colón cos indíxenas, as cales denunciou [[Bartolomé de las Casas|Frei Bartolomé de las Casas]].
 
== Notas ==