Evolución humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 329:
Así, para algúns, os australopitecos serían antecesores dos pitecántropos, estes do home de Neandertal, e este dos actuais. Outros científicos supoñen unha orixe común de australopitecos e homes, sendo os pitecántropos unha rama lateral (quizais derivada dalgunha especie de ''Australopithecus''), non antecesora do ''Homo sapiens''. Para outros autores, as diversas formas de pitecántropos darían lugar a varias razas de ''Homo sapiens'' actuais e fósiles etc.
 
A idea máis xeral é que o ''Australopithecus afarensis'' é a especie máis antiga, e que as demais derivan dela. Pero os achados de ''Homo sapiens sapiens'' nas covas de [[Skhul]], no [[Monte Carmelo]] e de [[Qafzeh]], preto de [[Narareth]], en [[Palestina]], realizados entre [[1965]] e [[1979]], desautorizaron as teorías que se viñan defendendo até eses anos. A datación dos restos achados en Palestina permitiron rebaixaraumentar a antigüidade da humanidade actual até os 100.000 anos (até ese momento atribuíaselle unha antigüidade de non máis de 40.000 anos). Outras formas fósiles achadas recentemente na África subsahariana virían confirmar estes datos.
 
Na década de [[1990]] moitos [[paleoantropoloxía|paleoantropólogos]] estaban de acordo en que os homínidos primitivos, todos os australopitecos e o ''Homo habilis'', evolucionaron en África ao longo dun período duns 3 millóns de anos. Pero, onde, e cando, apareceron os homes modernos? A idea máis xeneralizada era que o ''Homo sapiens sapiens'' xurdira en África hai entre 290.000 e 140.000 anos. En canto ao proceso que se seguiu para esta aparición, existían tres hipóteses: a da arca de Noé, a do candelabro e a da evolución reticulada.