Narcose de nitróxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 58:
O aumento da presión ten efectos instantáneos nas cavidades aéreas que se poden comprender grazas á [[lei de Boyle]] que explica a relación inversamente proporcional que existe entre volume e presión, é dicir, a maior presión menor é o volume que ocupan os gases nos pulmóns.<ref name="Boron, W. F. 2009">Boron, W. F., & Boulpaep, E. L. (2009).Medical physiology.</ref> Pero nalgún momento a presión, actuando sobre o aire nos pulmóns, é tan grande que o volume ocupado por eles é mínimo, mesmo menor ao volume residual fisiolóxico, o cal produciría o colapso dos pulmóns. Para poder facer inmersións máis profundas e de máis longa duración, úsanse tanques de aire comprimido que permiten igualar a presión do aire dentro dos pulmóns coa presión externa, pero mantendo o volume máximo dos pulmóns (6 litros)Isto lógrase aumentando o número de moléculas que se respira e, polo tanto, incrementando o número de [[mol]]es de nitróxeno nos [[Alvéolo pulmonar|alvéolos]], explicado pola [[lei de Henry]], pola cal a difusión de nitróxeno ao sangue é maior.
 
O devandito aumento é a causa da narcose, a cal se presenta en 2 fases. A primeira explicada pola lei dos Martinis (cada 15 m de profundidade é equivalente á intoxicación por 1 Martini) que produce: perda das funcións motoras, deterioración no razoamento, euforia e alucinacións. A segunda é un estado de somnolencia<ref name="Boron, W. F. 2009"/> A explicación molecular mediante reaccións bioquímicas e neurofisiolóxicas no sistema. As alteracións que se presentan pola interacción do nitróxeno con diferentes receptores nicotínicos alterando a liberación de neurotransmisores, de osíxeno mitocondrial e de alteración da [[bomba sodiode sodio-potasio]] xerando como resultado a depresión do SNC<ref>(Abraini, J. H., Kriem, B., & Rostain, J. C. (2003)Rostain, J. C., Lavoute, C., Risso, J. J., Vallée, N. & Weiss, M.)</ref>. Esta interacción é a principal explicación da sintomatoloxía da narcose.
 
A alteración da condución axonal e as transmisións sinápticas pola inhibición total ou parcial dos impulsos eléctricos e químicos mediante a interacción cos receptores, abrindo ou pechando canles como as canles de potasio que inhiben a restauración do potencial de acción, as canles de sodio interactuan inhibindo a xeración e propagación do potencial de acción<ref>Møllerløkken, A., Gaustad, S. E., & Gutvik, C. R. (2011);Viqueira Caamaño, A. & Colodro Plaza, J. 2008, Setembro 25</ref>