Tabaquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎O tabaco: Correxin unha falta ortográfica
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m Desfixéronse as edicións de 79.158.112.50 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 7:
O tabaco é aditivo debido principalmente ao seu compoñente activo, a nicotina, que actúa sobre o [[sistema nervioso central]]. O fumador sofre unha dependencia física e psicolóxica que xera unha [[síndrome de abstinencia]]. A nicotina xera [[adicción]], pero ten efectos antidepresivos e de alivio sintomático da [[ansiedade]]. Non se utiliza en [[farmacia]], porque na segunda metade do [[século XX]] se descubriron antidepresivos máis eficaces e que non crean adicción. Tampouco se emprega para o alivio sintomático da ansiedade, salvo en casos excepcionais, porque as [[benzodiacepina]]s, que son o tipo de tranquilizantes máis utilizado, tamén crean dependencia, pero considéranse máis eficaces.
 
É factor de risco en doenzas [[Aparello respiratorio|respiratorias]] e [[Aparato circulatorio|cardiovasculares]], e en distintos tipos de cancro, e resulta especialmente prexudicial durante o [[embarazo]]. Ademais, non só prexudica as persoas fumadoras, senón tamén as que respiran o mesmo aire ([[Fumador pasivo|fumadores pasivos]]). O tabaquismo é a principal causa de [[Taxa de mortalidade|mortalidade]] na maioría dos países desenvolvidos a principios do [[século XXI]], aínda que hai outros estudos que indican que estas doenzas atribuídas ao tabaco son provocadas en realidade pola contaminación industrial e química, os aditivos alimentarios e os [[pesticida]]s utilizados na agricultura. {{Cómpre referencia}} Ademais, o tabaco como tal é o que menos se fuma, pois case todo o que se comercializa está adulterado con substancias químicas que lle achegan dubidosas ou preocupantes propiedades, como a de ser máis aditivo ou mellorar o seu sabor, e outras que se descoñecen, porque tamén teñen fórmulas secretas.{{Cómpre referencia}} As [[industria]]s agregan aditivos que o tabaco puro xamais tivo, aumentando a [[toxicidade]] que de seu xa ten. Con todo, é importante salientar que o tabaco sempre causa dano, por moi puro que sexa (como o comprado a granel), polo que a única opción que reduce o risco de padecer doenzas respiratorias a idades avanzadas é simplemente non fumar.
 
Debido ás consecuencias (repercusión física, psicolóxica e social que xera nos consumidores), xa desde o último Congreso de Psiquiatría que tivo lugar na Habana foi considerado unha doenza máis, pois require tanto tratamento medicinal como rehabilitación psicolóxica e reeducación social. Estas dependencias son as máis difíciles de corrixir, aínda que a dependencia física é a que con maior facilidade desaparece, despois da abstinencia.
 
=== Composición fisicoquímica ===