Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado commons
m Ligazón a María Cristina de Habsburgo-Lorena
Liña 49:
}}
[[Ficheiro:Retrato_de_Felipe_IV_en_armadura,_by_Diego_Velázquez.jpg|miniatura|Retrato de Filipe IV novo]]
'''Filipe IV de España''', nado en [[Valladolid]] o [[8 de abril]] de [[1605]] e finado en [[Madrid]] o [[17 de setembro]] de [[1665]], denominado ''O Grande'' ou ''O Rei Planeta'', foi rei de [[España]]<ref>Abreu y Bertodano, J.A. ''Coleccion de los tratados de paz, alianza, neutralidad, garantia ... hechos por los pueblos, reyes y principes de España con los pueblos, reyes, principes, republicas y demás potencias de Europa ...: desde antes del establecimiento de la monarchia gothica hasta el feliz reynado del rey N.S. D. Fernando VI''. Editor Antonio Marin, Juan de Zuñiga y la viuda de Peralta, 1751.</ref> desde o [[31 de marzo]] de [[1621]] até o seu falecemento; así mesmo foi rei de [[Portugal]], como Filipe III até o [[1 de decembro]] de [[1640]]. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da [[casa dos Austria]] e o terceiro da historia española, sendo superado só por [[Filipe V de España|Filipe V]] e [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|rexencia]].
 
Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con don [[Gaspar Guzmán Pimentel|Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares]], quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en [[Europa]]. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como [[Luis Méndez de Haro]], sobriño de Olivares, e o [[Ramiro Núñez de Guzmán|duque de Medina das Torres]].