Xoana I de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. da wiki en castelán.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2017 ás 00:03

Xoana I de Navarra, nada en Bar-sur-Seine o 17 de abril de 1271 e finada en Vincennes o 4 de abril de 1305,[1] foi raíña de Navarra e condesa de Champaña e de Brie entre 1274 e 1305.

Xoana I de Navarra
Raíña de Navarra
Raíña consorte de Francia
Xoana I

Raíña de Navarra
1274 - 1305
PredecesorHenrique I de Navarra
SucesorLuís I de Navarra

Raíña consorte de Francia

(Casada con Filipe IV "o Fermoso")
1285 - 1305
PredecesorMaría de Brabante
SucesorMargarida de Borgoña

Outros títulosCondesa de Champaña e de Brie
Nacemento17 de abril de 1271
Bar-sur-Seine, Francia
Falecemento4 de abril de 1305
Vincennes Francia
Cónxuxe/sFilipe IV de Francia e I de Navarra
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realChampaña
ProxenitoresHenrique I de Navarra
Branca de Artois

Escudo de Xoana I de Navarra
Escudo armas de Xoana I de Navarra
Na rede
WikiTree: Navarre-49 Find a Grave: 64956255 Editar o valor em Wikidata

Foi, ademais, raíña consorte de Francia entre 1285 e 1305, debido á súa voda co entón futuro Filipe IV "o Fermoso" de Francia.

Filla de Henrique I de Navarra e de Branca de Artois, foi a última raíña de Navarra da casa de Champaña.

Traxectoria

Raíña de Navarra

Xoana sucedeu ao seu padre Henrique I aos 3 anos de idade,[1] coa súa nai como rexente.

Esta situación supuxo un aumento das presións dos reinos de Castela, Aragón e Francia por casar a un membro da familia coa herdeira e incorporar así o reino aos seus dominios. Branca, a nai de Xoana, e rexente, era francesa, sobriña do falecido rei Luís IX (san Luís), como filla do seu irmán Roberto I de Artois, polo que pediu axuda ao seu primo irmán Filipe III de Francia.

O monarca decidiu casala co seu fillo Filipe, cando ela tiña 11 anos e el 16, anticipándose a Afonso X o Sabio, que desexaba casala co seu fillo.

Deste xeito, Filipe o Fermoso converteuse no rei Filipe I de Navarra, conde de Champaña e de Brie. A historia do reino de Navarra quedou pois, desde ese momento, unida á historia do reino de Francia.

Subida ao trono de Francia

Ao ano seguiente, en 1285, faleceu Filipe III, e o seu fillo subiu ao trono como Filipe IV.

Este defendía un estado centralizado e omnipotente, e a necesidade de diñeiro para manter este tipo de goberno influíu na política que se aplicou en Francia e en Navarra:

  • devaluación da moeda, baixando o seu peso de ouro e de prata;
  • imposición de fortes impuestos aos xudeus, detentadores do diñeiro, xa que a Igrexa prohibía aos cristiáns dedicarse á banca (estaba prohibido que prestaran diñeiro con interese);
  • venda de títulos nobiliarios aos burgueses ricos;
  • exención de obrigas aos servos a cambio de diñeiro;
  • imposición de décimos al clero.

Conflitos coa Igrexa romana

Ante estas medidas, o papa Bonifacio VIII respondeu prohibíndolle ao clero subministrar subsidios aos laicos.

O rei prohibiu a saída de ouro e prata do reino, coa protesta do papa. Finalmente Bonifacio VIII cedeu, pero en 1301 o rei detivo ao bispo de Pamiers, e Bonifacio reaccionou acusando ao rei de violar as prerrogativas da igrexa, dispoñéndose a excomungar ao rei, cando foi detido por homes deste. O papa morre ao mes deste suceso, despois de ser liberado pola poboación da cidade de Roma. (Na actualidade Bonifacio VIII é recordado en boa medida polas súas loitas con Dante, que na Divina Comedia colocouno nun círculo do inferno xunto co rei Filipe IV).

Os sucesores de Bonifacio VIII, Benedito XI e, sobre todo, Clemente V (elixido por intervención de Filipe), recuaron: Clemente V nomeou cardeais franceses, derrogou todas as decisións de Bonifacio VIII contra Filipe IV e instalouse en Aviñón. O estado francés vencera a Roma.

  • Por último, como os templarios, debido ao seu prestixio, exerceran como banqueiros, decidiu facerse coas súas riquezas, o que logrou acusando á Orde até conseguir a súa disolución. Os xefes, incluído o Gran Mestre Jacques de Molay, foron detidos en 1307 acusados de herexía. En 1309, un primeiro grupo de templarios foi queimado na fogueira. En 1312, a Santa Sede suprimiu a Orde, pero en 1314 Filipe mandou queimar aos dignatarios do Temple como relapsos. Así puido apoderarse dos bens mobiliarios da Orde; os inmobiliarios foron outorgados aos Orde dos hospitalarios.
  • En Navarra, o réxime francés acentuou o [[antisemitismo|antixudaismo], os reis Filipe e Xoana limitaron a acción dos hebreos ao establecer que nos seus préstamos só recibiran o prestado, sen ningún tipo de interese.
  • Outorgaron á Orde de Grandmont a igrexa de Corella con todas as súas rendas, valoradas en 125 libras anuais, a cambio dos bens do mosteiro de Tudela, que reverteron á coroa, agás o solar en que estaba edificado, a horta, o acueduto e o aproveitamento do monte da Bardena.

Porén, Filipe non puido derrogar o Foro Xeral de Navarra, ou Foro Antigo, posto por escrito en 1250 pola nobreza para evitar os abusos reais.

Morte

Ao falecer Xoana o 4 de abril de 1305 en Vincennes (Francia), os naturais do reino navarro acordaron gardar o reino para o seu fillo Luís, pois non querían seguir mantendo a Filipe o Fermoso como rei en Navarra. Finalmente Luís xurou os foros en outubro de 1307.[2]

Matrimonio e descendencia

O 14 de agosto de 1284 Xoana casou na Catedral de Notre-Dame de París co futuro rei Filipe IV de Francia, e asociou ao trono ao seu cónxuxe como Filipe I de Navarra, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie.

Deste matrimonio naceeron 7 fillos:

Antepasados de Xoana I de Navarra

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Henrique I de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
8. Teobaldo III de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Capeto
 
 
 
 
 
 
 
4. Teobaldo I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Sancho VI de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
9. Branca de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Sancha de Castela
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Guido II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
10. Archibaldo VIII de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Matilde de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Alicia de Forez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Xoana I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Filipe II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
12. Luís VIII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
6. Roberto I de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Afonso VIII de Castela
 
 
 
 
 
 
 
13. Branca de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Leonor de Plantagenet
 
 
 
 
 
 
 
3. Branca de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Henrique I de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
14. Henrique II de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Matilde de Boulogne
 
 
 
 
 
 
 
7. Matilde de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Filipe de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
15. María de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Irene Ángelo
 
 
 
 
 
 


Predecesor:
Henrique I
 
Raíña de Navarra,
(Xunto ao seu esposo Filipe I)

1274-1305
Sucesor:
Luís I
Predecesor:
María de Brabante
 
Raíña consorte de Francia

1285-1305
Sucesor:
Margarida de Borgoña


Notas

  1. 1,0 1,1 Herreros Lopetegui, Susana (1993). "Navarra en la órbita francesa". Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5. 
  2. Lacarra, José María (1972). El Juramento de los reyes de Navarra (1234-1329). Madrid: Real Academia de la Historia. pp. 50–52. 
  3. Agnes Strickland (c. 1894): Queens of England Boston: Estes & Lauriat.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos