Papel moeda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Papel moeda''', tamén '''billete''' ou '''carto''', é un [[documento]] oficial, un [[título de crédito]] con algúns valores estándares estampados nas súas faces, que é emitido por un goberno por medio dun órgano específico, xeralmente un [[banco central]], para servir como [[medio de pagamento]] e representación de base monetaria dun [[país]] ou dunha rexión económica, como é o caso da [[CEE]]. A súa orixe está intimamente relacionada á moeda metálica e aos [[título bancario|títulos bancarios]], pois, antes da súa adopción xeneralizada polos diversos países do mundo, o valor expresado no billete significaba a existencia dunha certa cantidade de riqueza, que xeralmente era [[ouro]] depositado nun [[banco]]. O costume do diñeiro, isto é, dos cartos seren un símbolo dunha cantidade de ouro era coñecido como [[padrón ouro]].<ref>{{cita libro|lingua=portugués|título=Mercado de capitais|nome=José Wladimir|apelidos=Fonseca|editorial=IESDE|lugar=Curitiba|ano=2009|páxina=42}}</ref><ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.bankofengland.co.uk/banknotes/pages/about/history.aspx|dataacceso=10 de febreiro de 2016|título=A brief history of banknotes|editorial=Bank Of England}}</ref>
 
''Grosso modo'', o papel moeda é un tipo de [[diñeiro fiduciario]], no cal o seu valor de face non corresponde a ningún valor intrínseco, mais ten como lastre só a confianza do goberno mitenteemitente. Co correr do tempo e co establecemento das economías nacionais, a relación de paridade entre riqueza depositada e valor de face do billete foi abandonada polos gobernos, o que se chamou de [[Convertibilidade|inconvertibilidade]], é dicir, o valor estampado no papel deixou de significar un valor real para pasar a ser mera cifra abstracta. Esta circunstancia, entre outros factores, fixo xurdir entre as diversas moedas nacionais un relación de avaliación e troco, na que o valor da moeda dun país pode aumentar ou diminuír cando comparada á doutro país.<ref>{{cita libro|lingua=portugués|título=Economia|nome=Otto|apelidos=Nogami|editorial=IESDE|lugar=Curitiba|ano=2012|páxinas=142, 143}}</ref><ref>{{cita libro|lingua=castelán|título=Curso de derecho mercantil|nome=Roberto|apelidos=Goldschmidt|outros=Actualizado por María Auxiliadora Pisani Ricci, Gabriel Rodríguez e Ivanova Beirutti Ruiz|editorial=Universidad Católica Andrés Bello|lugar=Caracas|ano=2001|páxina=773}}</ref><ref>{{cita web|lingua=portugués|url=http://www.facm.pt/facm/facm/pt/servico-educacao/recursospedagogicos/Breve-Hist-ria-do-Papel-Moeda|formato=PDF|dataacceso=10 de febreiro de 2016|título=Breve história do papel moeda}}</ref>
 
Nas economías dos países en xeral, o papel moeda circula de modo concomitante co [[diñeiro escritural]], o cal existe só como rexistro nunha institución financeira e testifica certa cantidade de papel moeda en nome dun propietario. Tamén, co aumento da capacidade computacional, este tipo ten circulado ao lado do [[diñeiro electrónico]].<ref>{{cita libro|lingua=castelán|título=Derecho monetario|nome=Néstor Ricardo|apelidos=Chacón|editorial=Universidad del Rosario|ano=2005|páxina=45|lugar=Bogotá}}</ref><ref>{{cita libro|lingua=inglés|título=Electronic Commerce|nome=Gary|apelidos=Schneider|editorial=Cengage Learning|lugar=Boston|páxina=471}}</ref>