Haití: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
| notas =
}}
A '''República de Haití''' é un país do [[Caribe (rexión)|Caribe]], na parte occidental da illa [[A Española]], limitando, xa que logo, con [[República Dominicana]] polo leste; ao norte ten o [[Océano Atlántico]] e ao sur e ao oeste ten o [[Mar Caribe]]. O seu territorio comprende igualmente a [[illa da[[La Gonâve]], a [[illa da Tartaruga]], o arquipélago das [[illas Cayemites]] e a [[illa de Vaches]], así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A súa área total é de 27.750&nbsp;km cadrados, albergando unha poboación de 10&nbsp;033&nbsp;000 habitantes ([[2009]]).<ref>[http://www.un.org/esa/population/publications/wpp2008/wpp2008_text_tables.pdf World Population Prospects, Table A.1. Nacións Unidas]</ref>. A súa capital e cidade máis importante é [[Porto Príncipe]].
 
Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en [[Latinoamérica]] en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Accedeu á independencia tras un [[Revolución Haitiana|proceso revolucionario]] de carácter [[abolicionismo|abolicionista]] iniciado en [[1791]] que desembocou nunha prolongada loita armada contra [[Francia]], a potencia [[colonialismo|colonizadora]] desde finais do [[século XVII]]. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da [[África subsahariana]], en escenario do primeiro caso na [[Historia]] de [[escravitude|escravos]] que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas [[Nacións Unidas]] mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o ''[[Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición]]'' o [[23 de agosto]],<ref>[http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=38068&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html 23 de agosto: Día Internacional do Recordo da Trata de Escravos e da súa Abolición. Portal oficial de Unesco]</ref> e a institución da medalla [[Toussaint Louverture]], en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.