Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 28:
En 1529, as súas tropas repeliron con logro o ataque de Solimán á capital, [[Viena]] (Cerco de Viena), mesmo con Fernando xa tendo se retirado para Bohemia. Finalmente, en 1533 Fernando asinou tratado de paz co [[Imperio Otomán]], dividindo o reino de Hungría entre os Habsburgos no oeste e Xoán Zápolya. En 1527 os Habsburgos deron inicio a un proceso histórico que levaría á incorporación das terras das coroas da Bohemia e Hungría ás súas posesións hereditárias.
 
En 1538, polo [[tratado de Nagyvárad]], Fernando convertiuseconverteuse sucesor de Zápolya, sendo non obstante incapaz de impor o acordo.
 
A vida de Fernando ficou marcada por unha loita dobre: contra o [[islam]], no Danubio, onde, tras a morte de seu cuñado Luís II en 1516, foi elixido rei da Bohemia e Hungría, debendo conter o adianto otomán sobre [[Viena]]. Non conseguiu tomar Buda en 1541 e tería que asinar unha tregua de oito anos (1562) pagando tributo annal ao sultán e recoñecemento, na Transilvania, da dinastiadinastía rival de Xoán Zápolya. A súa segunda loita estivo en contra os protestantes, cunha relativa indiferenza. Fernando, alumno e amigo dos xesuítas, deixárase influenciar na súa estadía en Flandres polos humanistas, sobre todo Erasmo. Participara da Asemblea de Ratisbona en 1524, que decidiu a reforma católica na Alemaña, constituíu cos cinco cantóns católicos primitivos de Suíza unha Unión Cristiá, en 1529, para combater a herexia protestante, asinou coa Liga de Esmalcalda o Tratado de Kadan e esmagou a revolta dos señores checos en Bohemia.
 
En 1540, Xoán Sexismundo Zápolya, fillo de Xoán con Sabela Jagelán, foi elixido rei de Hungría, inicialmente apoiado polo rei seu tío, Sexismundo II de Polonia e Lituania, irmán de Sabela. En 1549 un tratado foi asinado entre os Habsburgos e o soberano polaco: a Polonia ficou neutra no conflito cos Habsburgos e Sexismundo II casou con Isabel de Habsburgo, filla de Fernando I.