Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Polas convencións de [[Bruxelas]] en [[1522]], recibiu o título de gobernador das rexións da Alemaña do Sur, do [[Rexión de Tirol|Tirol]] e da Alta [[Alsacia]].
 
A época experimentou a expansión otomanaotomá, desde a caída de [[Constantinopla]] en 1453. En 1529, Viena estivo so asedio turco. Até o século XVII, Europa tería que convivir co adianto das forzas turcas, ameazando Sicilia, Malta e os territorios de Venecia.
 
=== Rei de Bohemia e de Hungría ===
O 29 de agosto de 1526, morreu o seu cuñado Luis II, rei de Bohemia e da Hungría, derrotado polas tropas otomanasotomás do sultán Solimán, o Magnífico, na batalla de Mohács.
 
Fernando foi escollido rei de Bohemia e rei da Hungría. Coroado rei de Bohemia en Praga, en febreiro de 1527, non puido asegurar a coroa da Hungría, pois alí Xoán Zápolya, príncipe da Transilvania, apoiado por parte da nobreza e despois polos turcos, mantiña a resistencia, aínda que compromiso posterior asegurase a integridade das posesións dos Habsburgos. O reino de Hungría tornouse obxecto dunha disputa dinástica entre os Habsburgos e Zápolyas, cada partido era apoiado por unha parcela da nobreza húngara. Fernando contaba ademais co apoio de seu irmán [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]].