Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m Arranxiños​
Liña 9:
A Reforma en xeral considérase que comeza o [[31 de outubro]] de [[1517]], na actual rexión alemá de [[Saxonia]], cando [[Martiño Lutero]] cravou unha copia das súas [[95 Teses|Noventa e Cinco Teses]] na porta da igrexa do castelo de [[Wittenberg]]<ref>{{Cita libro | apelidos = Kuiper | nome = BK | título = The Church in B. Eerdmans Publishing |ano= 1988 | páxina = 165 | ISBN = 0802817777|lingua=en}}</ref>, que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas críticas á igrexa e ao Papa. Os puntos máis controvertidos centrábanse nas prácticas de venda de indulxencias e na doutrina da igrexa no referente ao [[purgatorio]]. Os predecesores espirituais de Lutero foron homes como [[John Wycliffe]] e [[Jan Hus]]. Outros pastores e teólogos de ideas radicais, como [[Huldrych Zwingli]] e [[Jean Calvin]], seguiron o camiño iniciado por Lutero. As crenzas e prácticas da Igrexa atacadas polos reformistas incluían o [[Purgatorio]], o xuízo particular ás almas, devoción pola [[Virxe María]], a intercesión dos [[santo]]s, a meirande parte dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]], o [[celibato]] que debían gardar os [[sacerdote]]s e os [[monxe]]s, e maila autoridade do [[Papa]].
 
O movemento de reforma pronto se dividiu en diferentes liñas [[doutrina]]is. Os desacordos entre Lutero e Zwingli, e máis tarde entre Lutero e Jean Calvin, conduciu á aparición das igrexas protestantes rivais. As [[Denominación Cristiá|denominacións cristiás]] máis importantes que xurdiron directamente da Reforma foron os [[Luteranismo|Luteranos]], os [[Igrexa Reformada|Reformados]]/[[Calvinismo|Calvinistas]]/[[Presbiterianismo|Presbiterianos]] e os [[Anabaptismo|Anabaptistas]]. A Reforma Protestante tamén é coñecida como a Reforma Xermánica, a Revolución Protestante, a Revolta Protestante e, en [[Alemaña]], a Reforma Luterana. O proceso de reforma diferenciouse de forma notábel dos acontecementos de [[Inglaterra]], que levarían á formación da [[Igrexa Anglicana]]. Alí, o período de reforma coñécese como a [[Reforma Inglesainglesa]]. Asemade, os reformistas tamén aceleraron o proceso de [[Contrarreforma]] na [[Igrexaigrexa Católicacatólica]]. A Reforma implicou aspectos culturais, económicos políticos e relixiosos
 
== Historia e orixes ==