Lluís Companys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
=== Actividade durante a República ===
É elixido o [[12 de abril]] de [[1931]] [[concelleiro]] de [[Barcelona]] por [[Esquerra Republicana de Cataluña]]. Entrou no Concello o [[14 de abril]] acompañado de [[Amadeu Aragay i Davi|Amadeu Aragay]], [[Joan Lluhí i Vallescà|Lluhí i Vallescà]] e outros, depuxo aoo alcalde accidental [[Antoni Martínez Domingo]], tomou posesión e desde o balcón proclamou a [[II República española]] en [[Cataluña]]. Sería nomeado, provisionalmente, gobernador civil de Barcelona.
 
En xuño de 1931 foi elixido [[deputado]] nas [[Cortes Xerais|Cortes]] pola provincia de Barcelona. Interveu activamente nas discusións, en setembro do 1931, do proxecto de constitución da [[II República Española]] e votou a favor do [[sufraxio feminino|voto feminino]] en outubro do mesmo ano. Convértese, en xaneiro de [[1932]], en vicepresidente da Asemblea da Generalitat e Presidente provisorio, en substitución de [[Jaume Carner]]. En novembro do 1932 foi elixido deputado do [[Parlamento de Cataluña]], e mais primeiro Presidente do Parlamento.
Liña 60:
O mesmo [[Ramón Serrano Suñer]] recoñecíao anos despois ao afirmar que toda a base xurídica sobre os feitos da [[guerra civil española|guerra civil]] se fundaban nunha "''xustiza ó revés''", e concluía:
 
{{Cita|''Foi, pois, un erro configurar delitos de rebelión e sedición para atribuílos aos defensores do Goberno republicano, dado que estes -xurídica e ata metafisicamente- era imposible que os cometerancometesen''<ref>[[Josep M. Solé i Sabaté]], Consell de guerra i condemna a mort de Lluís Companys. Ed. Generalitat de Cataluña-1999 ISBN 84-393-4927-0</ref>.}}
 
Será fusilado ás seis e media da madrugada do [[15 de outubro]] de [[1940]], no foxo de Santa Eulalia do castelo de Montjuïc, con 58 anos. É o único Presidente dunha nación democrática asasinado polo fascismo, mesmo durante a segunda guerra mundial.