Lluís Companys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 55:
O [[23 de xaneiro]] do [[1939]], cando as forzas [[franquismo|franquistas]] están a piques de entrar en [[Barcelona]], atravesa a fronteira francesa xunto co [[lehendakari]] [[José Antonio Aguirre]], exiliándose en [[Perpiñán]] ([[Francia]]) e trasladándose despois a [[París]] para traballar na representación no exilio da Generalitat ([[Consell Nacional de Cataluña]]). Vai acabar en Le Baule-les-Pins ([[Pireneos Atlánticos]]), manténdose en Francia pese ao perigo que corría, nun intento por non perder o contacto co seu fillo Lluís Companys i Micó (1911-1956), que sufría unha grave doenza mental.
 
O [[13 de agosto]] de [[1940]] é detido pola [[Gestapo]] por orde das autoridades españolas con colaboración de membros da embaixada española en Francia. É levado primeiro a Madrid, onde se lle abren dilixencias por "ser o Presidente da Generalitat, Ministro da República e responsábel dos feitos realizados en Cataluña". Despois de diversos interrogatorios, é trasladado o [[3 de outubro]] ao [[Castelo de Montjuic]] en [[Barcelona]] para facerlle un consello de guerra sumarísimo sen garantías procesais e, como se demostrou posteriormente, de forma ilegal.<ref>Os consellos de guerra realizados baseábanse na aplicación do Código Militar por sublevación contra todos os que se opuxeran á sublevación. Isto significaba que os verdadeiros rebeldes contra a autoridade legal condenaban polo delito de ''rebelión, adhesión oou auxilio a laá rebelión'' a aqueles que foran fieis ao goberno legal.</ref>
 
O mesmo [[Ramón Serrano Suñer]] recoñecíao anos despois ao afirmar que toda a base xurídica sobre os feitos da [[guerra civil española|guerra civil]] se fundaban nunha "''xustiza ó revés''", e concluía: