Lluís Companys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Guerra civil: redacción
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 57:
O [[13 de agosto]] de [[1940]] é detido pola [[Gestapo]] por orde das autoridades españolas con colaboración de membros da embaixada española en Francia. É levado primeiro a Madrid, onde se lle abren dilixencias por "ser o Presidente da Generalitat, Ministro da República e responsábel dos feitos realizados en Cataluña". Despois de diversos interrogatorios, é trasladado o [[3 de outubro]] ao [[Castelo de Montjuic]] en [[Barcelona]] para facerlle un consello de guerra sumarísimo sen garantías procesais e, como se demostrou posteriormente, de forma ilegal.<ref>Os consellos de guerra realizados baseábanse na aplicación do Código Militar por sublevación contra todos os que se opuxeran á sublevación. Isto significaba que os verdadeiros rebeldes contra a autoridade legal condenaban polo delito de ''rebelión, adhesión o auxilio a la rebelión'' a aqueles que foran fieis ao goberno legal.</ref>
 
O mesmo [[Ramón Serrano Suñer]] recoñecíao anos despois ao afirmar que toda a base xurídica sobre os feitos da [[guerra civil española|guerra civil]] se fundaban nunha "''justiciaxustiza aló revés''", e concluía:
 
{{Cita|''Foi, pois, un erro configurar delitos de rebelión e sedición para atribuílos aos defensores do Goberno republicano, dado que estes -xurídica e ata metafisicamente- era imposible que os cometeran''<ref>[[Josep M. Solé i Sabaté]], Consell de guerra i condemna a mort de Lluís Companys. Ed. Generalitat de Cataluña-1999 ISBN 84-393-4927-0</ref>.}}