Diferenzas entre revisións de «Lluís Companys»

→‎Guerra civil: redacción
(→‎Guerra civil: redacción)
 
=== Guerra civil ===
Tiña prevista e organizada a resistencia contra a sublevación militar do [[18 de xullo]] mediante medidas talcomo o nomeamento do capitán [[Frederic Escofet]] como Comisario Xeneral de Orde Pública de Cataluña. Durante toda a guerra encabezará o [[Goberno de Cataluña]] tentando manter a unidade entre os partidos e sindicatos que o apoiaban. Porén, isto vai ser moi difícil polas tensións entre comunistas e socialistas agrupados no Partido Socialista Unificado de Cataluña ([[PSUC]]) e anarquistas da Confederación Nacional do Traballo ([[CNT]]), apoiados estes últimos polos trotskistas do [[POUM]].
 
O lado humano de Lluís Companys queda patente polo feito de que, desbordado pola gran cantidade de asasinatos que se producirán na retagarda nos días<span class="plainlinks"></span> posteriores ao errado golpe de estado, decidira deixar partir polo porto de [[Barcelona]] en barcos estranxeiros a unhas cinco mil persoas sospeitosas de pouca simpatía co réxime republicano, cuxa seguranza non podía garantir.
 
A partir de outubro de [[1937]] acontecerán os seus enfrontamentos co Goberno republicano do doutor [[Juan Negrín]], instalado en Barcelona. En abril de [[1938]], logo da toma de [[Lleida]], escribirá unha amarga carta ao presidente do Goberno central, queixándose das arbitrariedades que estaba cometendo e da marxinación que sufría o Goberno catalán.
89.357

edicións