Abrir o menú principal

Cambios

m
Perante a morte súbita de [[Francesc Macià i Llussà]], o 25 de decembro, tan só un mes despois, é proposto para sucedelo como [[presidente da Generalitat de Cataluña|presidente]] da [[Generalitat de Cataluña]]. En votación extraordinaria do Parlamento, será aceptado o [[1 de xaneiro]] de [[1934]] por 56 votos a favor e 6 en branco, coa abstención da [[Lliga Regionalista]].
 
=== Os sucesos de outubro dode 341934 ===
{{Artigo principal|República catalá}}
Ao longo do ano 1934 impulsou a polémica [[Lei de contratos de cultivo]], que o enfronta cos grandes propietarios e co Goberno español. O [[6 de outubro]] de 1934 é o protagonista unha sublevación contra a legalidade republicana a raíz da entrada no goberno da República da Confederación Española de Derechas Autónomas ([[CEDA]]) e proclama o [[República catalá|Estado Catalán]] dentro da [[Segunda República española|República Federal Española]] desde o balcón do [[Pazo da Generalitat de Cataluña|Pazo da Generalitat]], feito polo cal sería encarcerado con todo o seu goberno, mentres o [[Estatuto de Autonomía de 1932 (Estatut de Núria)|Estatuto de autonomía de Cataluña de 1932]] é suspendido. O Goberno catalán foi detido en pleno por tropas dirixidas polo comandante-xefe da cuarta división orgánica, o [[Domènec Batet i Mestres|xeneral Batet]]. Companys foi encarcerado primeiro no buque ''Uruguay'', fondeado no porto de Barcelona, e máis tarde trasladado a Madrid, onde foi xulgado e condenado, xunto con todo o [[Generalitat de Cataluña|Goberno catalán]], a trinta anos de reclusión maior. Posteriormente sería trasladado ao penal de [[Puerto de Santa María]] ([[Cádiz]]). Estes feitos coincidiran con a folga xeral revolucionaria convocada en toda España e mais coa insurrección asturiana propulsada pola [[UXT]] e a [[CNT]] en [[Asturias]]. Permaneceron detidos e en cadea ata a vitoria electoral da [[Fronte Popular]] nas eleccións de febreiro do [[1936]].