Diferenzas entre revisións de «Lluís Companys»

É elixido o [[12 de abril]] de [[1931]] [[concelleiro]] de [[Barcelona]] por [[Esquerra Republicana de Cataluña]]. Entrou no Concello o [[14 de abril]] acompañado de [[Amadeu Aragay i Davi|Amadeu Aragay]], [[Joan Lluhí i Vallescà|Lluhí i Vallescà]] e outros, depuxo ao alcalde accidental [[Antoni Martínez Domingo]], tomou posesión e desde o balcón proclamou a [[II República española]] en [[Cataluña]]. Sería nomeado, provisionalmente, gobernador civil de Barcelona.
 
En xuño de 1931 foi elixido [[deputado]] nas [[Cortes Xerais|Cortes]] pola provincia de Barcelona. Interveu activamente nas discusións, en setembro do 1931, do proxecto de constitución da [[II República Española]] e votou a favor do [[sufraxio feminino|voto feminino]] en outubro do mesmo ano. Convértese, en xaneiro de [[1932]], en vicepresidente da Asemblea da Generalitat e Presidente provisorio, en substitución de [[Jaume Carner]]. En novembro do 1932 foi elixido deputado do [[Parlamento de Cataluña]], e mais primeiro Presidente do Parlamento.
 
Unha vez que dimitiu do cargo de Presidente do Parlamento de Cataluña foi, desde xuño a novembro de 1933, Ministro de Mariña do goberno de [[Manuel Azaña Díaz|Azaña]]. Nas eleccións lexislativas do novembro de 1933 será elixido deputado pola cidade de Barcelona.
91.394

edicións