Abrir o menú principal

Cambios

 
=== Primeiros cargos políticos ===
Ante a perda das eleccións municipais do 1913, prodúcese a crise do reformismo e Companys deixa ''La Publicidad''. Despois dunha curta militancia no ''Bloc Republicà Autonomista'', constitúe xunto a [[Francesc Layret]] e [[Marcel·lí Domingo i Mestres]] o [[Partido Republicano Catalán]], con data de abril delde 1917. Colaborou na publicación ''La Lucha'', órgano do novo partido, en representación do cal foi elixido [[concelleiro]] do [[Barcelona|Concello de Barcelona]].
 
Traballa a prol dunha intervención positiva do Goberno nos conflitos de obreiros. É detido en novembro do 1920 xunto con outros sindicalistas como [[Salvador Seguí]] e [[Martí Barrera]], e deportado ao castelo da Mola ([[Maó]]); daquela Francesc Layret foi asasinado, cando se preparaba a asumir a defensa como avogado. Companys é posto en liberdade ao ser elixido [[deputado]] por [[Sabadell]], en representación do [[Partido Republicano Catalán]], ocupando o escano do asasinado Layret. Foi un dos fundadores da [[Unió de Rabassaires|Unión de Rabassaires]] e o [[15 de outubro]] de [[1922]] pasou a dirixir o semanario ''La Terra. Revista Popular Agrària'' que era o órgano da Unión.