Lluís Companys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 22:
Nacido nunha familia campesiña con raíces nobres, foi o segundo irmán de oito. Despois de acabar o bacharelato, trasladouse a Barcelona, onde estudou Dereito. Atraído xa pola política, no ano 1900 fundou na Universidade a Asociación Escolar Republicana e milita na [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]]. Companys estivo influído polas ideas republicanas, catalanistas e sociais, no marco sociopolítico da crise da Restauración Borbónica, optando pola participación na vida política do país. Logo dos [[Feitos do ¡Cu-Cut!]], participou na creación de [[Solidaritat Catalana]] e, cando esta se disgregou, Companys adheriuse á [[Unión Federal Nacionalista Republicana]], chegando a ser presidente da sección política en 1910.
 
Paralelamente á súa actividade profesional como avogado laboralista de sindicalistas, colaborou con xornais republicanos como ''La Aurora'' e anos máis tarde en ''La Barricada''. Entra a formar parte do partido reformista de [[Melquíades Álvarez]] e escribe no órgano do partido, ''La Publicidad'', con [[Josep Zulueta]], [[Laureà Miró i Trepat]] e [[Eusebi Corominas]].
 
=== Primeiros cargos políticos ===